O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide explica que antes os reiterados casos de ocupacións ilegais en barrios como o da Milagrosa, Feijoo, Residencia e as Gándaras, as administracións teñen que “poñer freo” a este problema para evitar que se degraden as condicións de vida dos cidadáns e así garantir a convivencia
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, anunciou esta mañá que o seu grupo defenderá no vindeiro pleno unha proposición para combater a ocupación ilegal de vivendas, garantir o dereito de propiedade, a seguridade das persoas e os bens e a convivencia social.
Antonio Ameijide explicou que “temos o deber” de presentar esta proposta á vista de que nos últimos meses as noticias sobre ocupacións ilegais non deixan de aparecer nos medios de comunicación e os lucenses precisan que a administración “máis cercana que teñen” os poida axudar para combater a ocupación das súas vivendas. O voceiro popular fixo mención ao movemento veciñal organizado nas Gándaras que o sábado conseguiu evitar una ocupación ilegal ou o incendio que se produciu a semana pasada nun edificio ocupado da rúa río Neira.
O voceiro popular afirmou que con esta proposta o único que se pretende é apoiar á proposición de lei contra a ocupación ilegal e para a convivencia veciñal e a protección da seguridade das persoas e cousas nas comunidades de propietarios, unha proposta que se rexistrou no Congreso dos Deputados o 31 de xaneiro.
Antonio Ameijide do que se trata de “reclamar” ás forzas políticas, con representación parlamentaria, que dean a súa aprobación a esta iniciativa normativa antiokupa, pioneira en España, “xa que é de interese xeral e necesaria para corrixir un grave problema social e de convivencia” xerado por mor destas actividades ilegais contrarias ao dereito á propiedade e á seguridade das persoas e as cousas, polo que se lle daría traslado destes acordos á ministra de Xustiza, á vicepresidenta do Goberno e aos voceiros parlamentarios dos grupos con representación no Congreso e no Senado, así como ao presidente da FEMP.
Con esta proposta presentada no Congreso quere combaterse a ocupación ilegal de vivendas, contemplando no seu articulado, entre outras medidas, que a Policía (a autoridade pública e os seus axentes) poderá desaloxar a vivenda ocupada ilegalmente nun prazo express de 24 horas, sen necesidade de esperar varios meses como ata agora e reforza o delito de usurpación pasando dunha multa a pena de privación de liberdade dun a tres anos. Tamén, axiliza o proceso penal para xulgar este tipo de delincuencia e para iso modifica a Lei de Axuizamento Criminal e a Lei do Xurado.
A nova normativa, de aprobarse, facultará tamén ás comunidades de propietarios, cando os ocupantes ilegais realicen actividades prohibidas ou molestas ou incívicas, para garantir a correcta convivencia veciñal. Ademais, considera nula a inscrición no padrón municipal cando a persoa inscrita sexa un okupa ilegal, modificando para iso a Lei de Bases de Réxime local.
O popular recorda como en varias ocasións xa nos reunimos con veciños afectados pola ocupación de varias vivendas, motivo polo que hai varios meses presentamos unha iniciativa para que se creara no concello unha oficina de asesoramento e apoio a propietarios de vivendas afectadas por ocupacións irregulares, unha proposta que se aprobou en pleno, e que, polo momento, Lara Méndez segue negándose a poñer en marcha.
Neste senso, Antonio Ameijide di que “é preciso” que entre todas as administracións poñamos freo ás ocupacións ilegais de vivendas, pero, senón se pode asegurar ao 100% esta situación, desde a administración máis cercana aos cidadáns temos que, como mínimo, asesorar ás persoas afectadas para que poidan recuperar as súas vivendas o antes posible.