Mercado e Praza de Abastos

O PP pide o arranxo de deficiencias da Praza de Abastos e propón recuperar o espazo infantil e o servizo de compra on line

By 15 Marzo, 2024Sin comentarios

Os concelleiros populares esta mañá fixeron un percorrido pola Praza de Abastos e o Mercado de Quiroga Ballesteros e amosaron algunhas deficiencias que presenta o recinto e que responden a unha falta de mantemento.

Detectamos:

  • Rampa de acceso lateral inutilizada para subir mercadorías. Sen data de arranxo
  • Oxido en cámaras de frío
  • Desperfectos no chan en corredores e entrada
  • Desconchados na pintura de paredes e teitos por humidades
  • Maquina con información municipal que non funciona
  • Caixas de cables sen tapa
  • Cristal de acceso rachado
  • Pegatinas de distancia do COVID en mal estado
  • Retirada do cartel de obra que está situado no exterior do edificio

 

Os populares indican que a pesar dos investimentos que se fixeron para recuperar o Mercado o  recinto segue sen despegar e o achaca á falta de servizos hoxe esenciais como poderían ser:

 

  • Facer compra online ou informarse dos postos e produtos da praza porque a web está sen actualizar dende xaneiro de 2022 e que había un compromiso de que se renovaría no primeiro trimestre de 2024.

 

  • A falta de espazos infantís para deixar aos meniños e meniñas mentres se fai a compra. Existe un local habilitado e rotulado que leva anos pechado e se emprega como almacén.

 

Ademais estes días os praceros están molestos porque se ven vítimas da improvisación da xestión do goberno local xa que veñen de pasarlles xuntas as facturas de auga, lixo e sumidoiros  de cinco meses. Esta situación representa unha CARGA FINANCEIRA INESPERADA E SIGNIFICATIVA para estes empresarios

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies