Medio Ambiente

O PP pide o arranxo inmediato das pasarelas da Ruta dos Muíños, destrozadas na actualidade

By 28 Maio, 2020No Comments

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular instan a unha intervención inmediata nesta zona de gran valor natural para evitar que se siga a degradar e para garantir a seguridade de todos os seus usuarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo fan públicas as queixas remitidas por numerosos lucenses sobre o mal estado no que se atopa o paseo ao carón do río Mera, máis coñecido como a Ruta dos Muíños.

Esta zona verde da cidade é moi empregada polos lucenses para pasear, facer sendeirismo e incluso para correr, polo que debería de ter un mantemento óptimo para garantir a seguridade do seus usuarios. Pola contra, os lucenses que se achegan ata esta zona verde para pasear ou facer deporte atópanse cunha imaxe de abandono que, en ocasións, dificulta o paso aos camiñantes.

Por iso, os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular piden un arranxo inmediato das pasarelas que hai nesta ruta para garantir a seguridade de todos os seus usuarios.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies