Zona rural

O PP pide o arranxo inmediato dunha ponte caída en Rubiás que se derrubou hai máis de 4 anos

By 12 Outubro, 2022Sin comentarios

Os populares fanse eco das queixas dos veciños que lamentan que nin PSOE nin BNG atenderon as súas reclamacións para reparar esta infraestrutura pese a que levan máis de 4 anos pedindo a súa reparación

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular logo dunha visita a Rubiás fanse eco dunha reclamación dos veciños da parroquia que alertaron da caída dunha ponte “feito que coñecen no goberno local pero que semella non importarlles para nada” xa que nada fixeron por solucionar o problema.

Os populares esixen o arranxo inmediato desta ponte xa que se trata dun camiño que era moi empregado polos veciños para chegar a zonas da parroquia e mesmo achegarse a partes da parroquia de Pedreda e agora teñen que empregar outras rutas que supoñen máis tempo e distancia.

A preocupación do bigoberno de Lugo coas parroquias e veciños do rural “deixa moito que desexar” e vese reflectido neste tipo de actuacións que “son de urxencia” pero que para PSOE e BNG “non significan nada”.

Os populares estiveron neste puntos con varios dos veciños afectados e comprobaron como hai claros indicios de que esta pontella caeu hai tempo o que evidencia “que o goberno local de Lugo ten abandonados aos veciños do rural e está a calquera cousa que non sexa atender as súas demandas”.

Para os concelleiros populares é unha mágoa que o goberno local deixase pasar o verán, momento ideal para arranxar esta infraestrutura xa que agora coa chegada das choivas serán máis complicados os traballos de reparación.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies