Os concelleiros do Grupo Municipal do PP explican que se remitirá un rogo a comisión para que o goberno local arranxe esta pista, xa que se trata dun paso que os veciños utilizan con frecuencia para acceder ao barrio das Gándaras
Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo piden o arranxo inmediato da pista que une a Garaballa coa rúa Camiño do Souto, unha pista que se atopa “en moi mal estado” e pola que non poden pasar dous coches ao mesmo tempo.
Os concelleiros populares explican que o Concello de Lugo xa realizou unha actuación nesta pista hai uns anos, unha intervención que non paliou ás deficiencias que presentaba naquel intre xa que como se pode comprobar o estado no que se atopa na actualidade “é nefasto”. Por iso, os populares presentarán un rogo en comisión para que se realice o asfaltado en quente desta pista e se realicen outras intervencións, como a colocación dunha varanda, ou outro elemento de seguridade, para evitar calquer accidente ao paso dos vehículos por unha ponte.
Desde o Grupo Municipal Popular tamén consideran necesario a colocación dun espello no cruce desta pista coa rúa Camiño do Souto xa que a visibilidade “é moi limitada” e os vehículos teñen que asomarse moito para comprobar se vén algún vehículo ou non para poder incorporarse a esta vía.