Zona rural

O PP pide o asfaltado da pista que une a Louzaneta e Orbazai debido ao seu inexistente mantemento

By 8 Decembro, 2019Decembro 9th, 2019No Comments

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Manuel López denuncia que non se trata da primeira vez que os veciños piden o arranxo desta pista, unha vía de vital importancia para a zona xa que, en caso de que volva a haber problemas na ponte do río Mera, é o acceso máis sinxelo a Orbazai

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, esixe ao bigoberno local o asfaltado da pista que une a Louzaneta con Orbazai, unha pista empregada moito polos veciños desta zona.

Manuel López explica que o estado que amosa a pista “é nefasto” debido ao inexistente mantemento que se realizou nela, polo que precisa que se repare de inmediato e se limpen as cunetas, xa que a maleza invade a pista. “O estado desta vía é tan perigoso que os turismos teñen moitas dificultades para circular, polo que practicamente os únicos veciños que pasan por aquí o fan en vehículos 4×4”, explicou.

O concelleiro popular destaca a importancia desta pista, xa que é un dos dous únicos accesos a Orbazai. De feito, é a única entrada que teñen os veciños a Orbazai en caso de que volvan a aparecer os problemas de anos pasados na ponte do río Mera.

Neste senso, Manuel López insta ao bigoberno a amosar con feitos esa preocupación polo rural da que adoitan facer gala pero que non se ve reflectida con accións concretas. Por iso, esixe o arranxo inmediato desta pista que mide menos dun quilómetro.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies