TráficoZona rural

O PP pide o reforzo da sinalización viaria en Conturiz debido ao aumento da densidade de circulación na parroquia

By 19 Xullo, 2022Sin comentarios

Os concelleiros populares fan esta petición despois de percorrer a zona cos veciños e comprobar como hai un aumento do número de vehículos que circulan pola parroquia, polo que é preciso reforzar tanto a sinalización vertical coma horizontal para garantir a seguridade viaria

Son de agradecer as poucas iniciativas empresariais que ven a luz en Lugo, sobre todo polo risco que corren os seus promotores, polo que dende o Grupo Municipal do Partido Popular consideran necesario dar facilidades a estas iniciativas é unha delas pasa por reforzar a seguridade viaria e o mantemento viario no entorno dunha destas iniciativas na parroquia de Conturiz.

Os concelleiros populares visitaron a parroquia en compañía de veciños da zona e comprobaron como hai una iniciativa deportiva que está a funcionar moi ben nesta parroquia polo que, como é lóxico, aumentou a densidade de circulación, polo que dende o Grupo Popular piden ao goberno local un reforzo da sinalización, tanto horizontal coma vertical, para mellorar e garantir a seguridade viaria tanto a veciños como aos usuarios deste centro deportivo.

Para os veciños e os concelleiros populares a actuación primordial é a colocación dun STOP no cruzamento de Camiño do Vilar e Camiño do Santo, ademais de mellorar o pavimento das vías da zona, moitas delas con fochancas, afundimentos e grava solta, o que dificulta a circulación.

Ante esta situación, dende o Grupo Municipal Popular presentarase unha iniciativa para pedir ao goberno local unha mellora da seguridade viaria nesta zona.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies