Persoal

O PP pide o reforzo do persoal do cemiterio de San Froilán xa que hai dúas prazas aínda sen cubrir

By 28 Xuño, 2020Xuño 29th, 2020Sin comentarios

A concelleira do Grupo Municipal do PP Sagrario Sánchez recorda que hai dúas prazas de oficial sepultureiro sen cubrir, dúas vacantes que de cubrirse axudarían a mellorar as condicións laborais destes traballadores e, incluso, ampliar servizos, como a apertura do camposanto os domingos á tarde

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Sagrario Sánchez, pide ao goberno local que reforce o plantel de persoal do cemiterio, xa que na actualidade o persoal non é suficiente para garantir os descansos do persoal cando algún dos traballadores está de vacacións, o que provoca que se dean situacións nas que o persoal non pode descansar nas fin de semana.

Sagrario Sánchez explica que segundo a última RPT municipal no plantel do cemiterio hai dúas prazas de oficial sepultureiro sen cubrir, dous traballadores esenciais para mellorar as condicións laborais destes traballadores e, se é posibles, ampliar servizos como o da apertura do camposanto os domingos á tarde xa que Lugo, xa que un camposanto como o de Lugo, do que o goberno local debería presumir e promocionar non abre os domingos á tarde. Deste xeito está a limitarse o necroturismo, unha modalidade en alza, e na que Lugo podería entrar de cheo “xa que temos un dos camposantos máis fermosos” do país.

A concelleira popular recorda que o cemiterio é “un servizo esencial” e aínda que na actual RPT figuran 7 operarios tan só hai 5 persoas traballando. Neste senso, Sagrario Sánchez destaca o enorme esforzo  do persoal do cemiterio xa que pese a estar en moitas ocasións ao límite, sempre manteñen en magníficas condicións o camposanto.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies