Infraestruturas

O PP pide que o Concello de Lugo esixa a Pedro Sánchez máis investimentos en infraestruturas en Lugo

By 24 Outubro, 2022Sin comentarios

Antonio Ameijide lamenta o abandono do goberno central socialista con Lugo xa que os orzamentos do Estado para o vindeiro ano mantéñense no bloqueo e abandonan infraestruturas vitais para o futuro de Lugo e dos lucenses

Nos últimos días o Goberno central presentaba os orzamentos para o vindeiro ano. Uns orzamentos que se manteñen no bloqueo e que convidan ao pesimismo xa que abandonan infraestruturas vitais para Lugo.

Por iso, Antonio Ameijide explica que o Grupo Municipal Popular defenderá unha iniciativa no pleno para instar Goberno do Estado a incluír as partidas necesarias para impulsar infraestruturas como o remate da A-54 (autovía Lugo – Santiago), a A-56 (autovía Lugo – Ourense), a reconstrucción do viaducto derribado no Castro na A-6, o impulso do ferrocarril en Lugo, a redacción de estudos e proxectos para o desdobramento e iluminación do trazado da Rolda Norte (N-640) e da N-VI entre Garabolos e o enlace coa estrada N-540, redacción de estudios para a execución de vías de servicio paralelas á autovía A-6 entre os puntos kilométricos 497 e 500 en ambos sentidos e a comisaria da Policía Nacional.

Explica o concelleiro popular que a día de hoxe as previsións de investimentos para Galicia confirman que o plan de reequilibrio entre territorios segue a ser unha utopía. Se ben é certo que a pandemia e a invasión rusa de Ucraína configuran un escenario no que a incerteza fai complexa a planificación orzamentaria, non é menos certo que estas contas deixan de novo a Galicia, e concretamente a Lugo, ao marxe en infraestructuras e servizos.

Galicia pasa de 180 millóns de euros en 2022 a 181 millóns en 2023 (incremento dun 0,39%) o que provoca que todas as actuacións sexan de lenta execución xa que os importes evitan o seu impulso ou as condenen a desaparecer.

Antonio Ameijide fala duns “orzamentos que non son realistas e non ofrecen unha saída ante a crise ao carecer dunha partida específica para a reconstrucción da A-6 ou que ofrecen cantidades ínfimas para obras como a autovía Lugo – Santiago ou a conexión ferroviaria entre Lugo e Ourense”.

Sinala Ameijide que as contas de Pedro Sánchez certifican a defunción da alta velocidade para Lugo e lonxe de incrementar os investimentos na cidade reducen os mesmos, esquecendo tamén a comisaria da Policía Nacional, unha infraestructura necesaria que a sociedade de Lugo pide con insistencia e que resulta imprescindible para garantir o nivel de servizos que está a prestar esta unidade.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies