#LugoaExameUrbanismo

O PP pide que o Concello execute de forma subsidiaria a cuberta dun edificio da Avenida da Coruña que leva dúas décadas sen ela

By 5 Xullo, 2023No Comments

Dende o PP manifestan a súa preocupación polo pasotismo do goberno diante deste caso “se ben os problemas de filtracións empezaron no ano 2000, a situación agravouse en marzo de 2022 xa que en vez de reparar a cuberta para solucionar os problemas de filtracións de auga a retiraban por completo”.

De feito as persoas que residían no segundo andar víronse obrigadas a abandonar o seu fogar, e no primerio as condicións son paupérrimas con desconchados e humidades en todos os cuartos convertindo este espazo nun lugar insalubre e inhabitable.

A situación na que está este inmoble ademáis de afectar ás persoas que viven no edificio, está a supor un risco para os peóns polos desprendementos de cascallos á vía pública poñendo en perigo a peóns e vehículos.

O concelleiro popular Antonio Ameijide considera que o goberno local non está actuando con contundencia xa que “a pesar dos sucesivos requerimentos, a administración local se limitou a impoñer multas coercitivas para cubrir o expediente sen dar unha solución ás familias afectadas”.

Por este motivo o Grupo Popular presentará un rogo para que o Concello execute de forma subsidiaria a cuberta do número 24 dun inmoble da Avenida de A Coruña.

Hai que ter en conta que neste edificio o tellado e o dereito de voo pertence aos donos do terceiro andar por iso non pode actuar a comunidade e así figura na escritura

A administración municipal pode e debe acudir á execución subsidiaria tal e como se contempla na lexislación vixente para dar cumprimento e garantir o deber dos propietarios de conservación das súas propiedades, xa que o Concello, entre as súas competencias, debe velar para que as edificacións cumpran unhas mínimas condicións de seguridade, salubridade, estética…

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies