Os populares afirman que o seu grupo “traballará ao longo deste mandato para conseguir a exención plusvalía tal e como defendimos no programa electoral”
- Outra proposta que presentaron os populares foi a de“baixar o coeficiente do IBI urbano e pasalo do 0,67 ao 0,60 para deste xeito, alixerar a carga fiscal dos lucenses para o ano 2023
- A voceira popular resumía que “estamos falando dunhas rebaixas que son necesarias e están pensadas na economía dos lucenses” engadindo que “estamos nun momento no que é preciso minorizar o gasto do diñeiro público e reducir a carga fiscal”
REIVINDICACIÓNS CUMPRIDAS
- Os populares dan a benvida, ainda que sexa con anos de retraso, a dúas modificacións das ordenanzas que hoxe se aprobaron e contaron co noso apoio
- Trátase da ordenanza do saneamento onde “cambiaron, tal e como pediu o Partido Popular en reiteradas ocasións, o cálculo para que sexa menos gravoso para o cidadán en caso de que non se poidan facer as lecturas dos contadores.
- Algo parecido sucede cos sistemas de aprovechamiento térmico ou de enerxía solar para autoconsumo xa que as condicións que esixían para conseguir a bonificación do IBI eran incumpribles
OUTRAS PROPOSTAS
- O PP tamén defendeu no pleno varias propostas que repercutirían na economía doméstica, de autónomos e familias lucenses relacionadas coa simplificación e axilización de trámites administrativos como por exemplo:
- Plan de pago fácil para fraccionar en cuotas mensuais o abono dos diferentes impostos municipais.
- Modificar a obsoleta clasificación de categorías fiscais das vías públicas do municipio xa que difícilmente pode conseguirse unha fiscalidade xusta senon son capaces de cambiar este documento
- Incentivos máis ambiciosos para a rehabilitación
- Reformular a taxa da recollida do lixo para pasar a cobrar aos negocios por actividade e non por metros cadrados xa que os residuos que xera un supermercado non son os mesmos que unha asesoría, un ximnasio ou un despacho profesional.