O GarañónUrbanismo

O PP pide que se extremen as medidas de seguridade para evitar o acceso de persoas ao Garañón

By 9 Marzo, 2017No Comments

O voceiro do PP Jaime Castiñeira afirma que tal e como está o edificio, inacabado, supón un grave perigo para os  entran nel xa que “no interior hai ocos de escaleiras e zonas sen pechar que supoñen un gran risco”

O Grupo Municipal do Partido Popular solicita ao goberno local que tome as medidas oportunas para evitar que se acceda ao edificio do Garañón “onde con frecuencia se detecta a presenza de veciños”.

O voceiro popular Jaime Castiñeira explicou que “onte mesmo 3 persoas se paseaban por unha viga situada no último piso dunha das torres das Costas do parque” e salientaba e que “tal e como está o edificio supón un perigo gravísimo, xa que as medidas de seguridade son mínimas e no seu interior hai ocos de escalerias e zonas perigosísimas para a seguridade das persoas sen pechar, co agravante que o edificio se atopa no entorno de varios centros educativos onde estudan menores”.

O popular pregúntase “de ocorrer un accidente, que responsabilidade tería o Concello? xa que ainda que obra está precintada polo xulgado suponse que a autoridade local debe velar para que non se acceda a unha propiedade privada”.

Castiñeira anunciou que pedirá explicacións en Comisión sobre as medidas de seguridade que desenvolve o Concello para impedir o acceso a estas torres.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies