Deportes

O PP pide que se poña a punto o campo de fútbol de Nadela que hoxe se emprega como pasto para cabalos

By 16 Agosto, 2022Sin comentarios
Campo fútbol Nadela

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular piden que se mellore o mantemento do campo de fútbol municipal de Nadela xa que na actualidade esta dotación deportiva está abandonada e infrautilizada.

Os concelleiros populares aseguran que “en vez dunha zona deportiva este campo se converteu nunha zona de pasto de cabalos” tal e como denuncian os veciños da zona”. Óscar Poy ironizaba se “este será o novo método de desbroce ecolóxico do Green Vancouver que promove a alcaldesa de Lugo como atractivo turístico do seu modelo de cidade”

Os populares explican que “tendo en conta que a demanda de instalacións deportivas en Lugo é superior á oferta que hai non se entende como o goberno local non se ocupa das dependencias que son da súa propiedade”. Poy aclara que “no caso de estar en boas condicións, podería poñerse a disposición de todos os clubs deportivos da cidade e dos usuarios a título particular”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies