Infraestruturas

O PP pide que se poña en servizo o alumeado público de Pedáneo Xoán Diego

By 14 Xuño, 2016Sin comentarios

O vicevoceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide considera unha tomadura de pelo que “logo de que pasasen tres anos dende que se instalaron e inauguraron as farolas nesta vía aínda non se puxesen en funcionamento”

Os veciños da rúa Xoán Pedáneo Diego están indignados pola “inexplicable lentitude da posta en servizo do alumeado desta vía inaugurada, a bombo e platillo, en agosto de 2012”.

O vicevoceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide explicou que logo de investir 1,5M€ nesta infraestructura que comunica Ponte Romai con Ponte Paradai é “un insulto” que, a estas alturas, non se conecten as farolas que se instalaron ao longo dos 750 metros de esta vía.

O edil do PP lembrou que é incomprensible que logo de que pasaran tres anos dende que se inaugurou esta infraestructura “os socialistas no foran quen de conectar o alumeado público”. Para Ameijide as consecuencias desta demora son tres: primeira, a inmediata a falta dun servizo básico polo que pagamos 1,5 millóns de euros; segundo, as molestias que xenera aos usuarios deste vial e terceiro, que teremos que gastar ainda máis para repoñer as luminarias que desapareceron ou que xa están deterioradas.

Co obxectivo de axilizar a conexión do alumeado público de Pedáneo Xoán Diego os populares presentarán unha batería de preguntas. Entre outros aspectos queren saber si o concello xa recibiu estas obras e, en caso contrario, preguntan cales foron os motivos. Outras cuestións polas que piden explicacións os populares son de quen ten que responsabilizarse dos gastos para a reposición das luminarias que foron danadas, ou que desapareceron. Ocorre o mesmo no suposto de que aparezan avarías ou desperfectos na instalación  como consecuencia do paso do tempo e nese caso o Grupo Popular pregunta quen asumirá o custe da posta en servizo e das reparacións necesarias. Por último os populares queren saber que prazo se estima para que se entre en  funcionamento o alumeado desta vía.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies