Seguridade

O PP pide reforzar a policía para mellorar a vixilancia na cidade

By 27 Abril, 2021Abril 28th, 2021Sin comentarios

O PP pide ao goberno local máis medios para policía local co obxecto de que os axentes teñan un apoio rápido para afrontar sucesos como o do pasado sábado nas costas do parque. Durante as fins de semana en Lugo adoita haber 3 patrullas a pé de rúa para dar cobertura a unha cidade como Lugo polo que cremos necesario que se debe facer un esforzo para reforzar o cadro de persoal e conseguir unha maior presenza policial.

Os populares aseguran que “neste momento hai unha proliferación de botellóns en distintas ubicacións da cidade como as costas do parque, o parque Marcos Cela, o anfiteatro do Campus a zona do Carme … etc polo que cren que é máis necesario que nunca a coordinación entre as distintas forzas de seguridade”.

Os populares instan ao goberno local a dar os pasos necesarios para cumprir a ratio recomendada pola Unión Europea de “1,8 agentes por cada 1.000 habitantes”. Neste momento o cadro de persoal da policía local é de aproximadamente120 axentes fronte aos 180 que tiña que ter para dar servizo a un municipio como Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies