- Para Candia os feitos acreditan que “Lugo está gobernado por malas personas e peores xestores”
VENRES 1 DE DECEMBRO DE 2023
- Segundo se recolle no ditamen xurídico queda claro que “foi unha decisión política a de apartar a esta traballadora do seu posto e isto non o di o PP senón que o di o Xulgado e o avala, agora, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
- A sentencia de instancia di, en expresións que se recollen de novo agora, que a resolución se basea en “valoraciones eminentemente subjetivas”, “se señalan datos parciales e incompletos”; “no se acompañan los expedientes completos”.
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
- Logo deste novo varapau xudicial ao goberno local, e unha vez coñecida a demoledora sentenza que obriga ao concello a incorporar no seu posto de traballo a citada funcionaria, pedimos que PSOE e BNG asuman as súas responsabilidades políticas neste caso.
- O varapau xudicial pon de manifesto que o cese da Xefa de Persoal “foi arbitrario” co que debería levar aparellada a dimisión do responsable ou responsables de dar as instrucións para “vestir o procedemento” e destituír a esta traballadora
- Os populares ironizaban que “cabría esperar que a dilixencia que tivo a Alvarellos para reunirse coa prensa, a tivese agora para recoñecer o seu erro e asumir as responsabilidades que lle corresponden
150 PRAZAS CUBERTAS DE FORMA PROVISIONAL
- Os populares denuncian o entramado que ten montado o PSOE e o BNG no concello de Lugo para controlar ao persoal explicando que hai preto de 150 postos cubertos de forma temporal “trátase das vacantes cubertas por interinos e por persoal en adscripción provisional”
- Esto significa que o goberno local utiliza o concello como axencia de colocación e que frea a promoción profesional dos funcionarios