Medio Ambiente

O PP pide sinalización para identificar as especies arbóreas do Parque do Miño que informen sobre o ecosistema desta zona verde  

By 17 Maio, 2021No Comments

Os populares aseguran que se poderían reutilizar as bases de granito que se puxeron no seu día con metacrilatos e que agora están abandonadas por falta de mantemento incorporándolles os códigos QR das árbores máis representativas desta zona verde

O Partido Popular propón reutilizar as bases de granito que se puxeron no seu día cun metacrilato ao pé de varias árbores do Parque do Miño para informar sobre o ecosistema desta zona verde. Os populares explicaron que “se podería facer un convenio co Campus Terra para que elaborasen as fichas cos datos botánicos de cara a que os lucenses que visiten o Parque poidan coñecer as especies e características das árbores que hai na beira do Miño”. “A idea é incorporar un código QR que ofreza a golpe de móvil toda a  información medioambiental”.

Dende o PP lamentan a escasa sensibilidade de socialistas e nacionalistas por impulsar proxectos divulgativos como este e os acusan de “deixar que se estragasen, por falta de mantemento e vixilancia, as placas de metacrilato que había no Paseo do Miño” indicando que “tan só se conserva unha delas baixo un bidueiro”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies