Sen categoría

O PP pide traballo para que este verán os lucenses non volvan quedar sen praia fluvial

By 2 Xaneiro, 2024No Comments
  • Os populares indican que “agora é o momento de abordar este asunto” e propoñen a contorna dos Robles para ubicar esta dotación.
  • No transcurso da rolda de prensa presentaron un documento gráfico no que acreditan o pouco calado que hai na zona elixida polo goberno local onde instalaron hamacas, mesas, bancos e aseos.

 

MARTES 2 DE XANEIRO DE 2024

 

  • Os populares solicitaron en sesión plenaria, a través dunha iniciativa en pleno, información sobre o futuro da praia fluvial do Miño e a contestación que recibiron desvela que “non saben o que queren facer con respecto a esta infraestrutura”

 

  • O voceiro do goberno local, Miguel Fernández, dixo que “ou ben iniciarían accións legais para determinar si a negativa da Xunta colisiona legalmente coa autorización previamente outorgada; ou ben reformularían o proxecto inicial a fin de solicitar novamente a instalación ou iniciarían os trámites para a implantación nunha nova ubicación”

 

  • Esta consulta en pleno fíxose logo de coñecerse o dictame contrario da UNESCO que consideraba a ubicación proposta polo bipartito para esta zona de baño público “como un lugar inseguro para os bañistas, que perxudica o medio ambiente e que pon en perigo as outras declaracións de patrimonio da humanidade”

 

  • Dende o Grupo Popular aclaran que además da protección ao medio ambiente outra preocupación é a da seguridade dos bañistas e, nese senso, achegan unha proba gráfica realizada en setembro na zona de baño pública elixida polo PSOE que acredita que ten pouco calado.

 

PROMESAS INCUMPRIDAS

 

  • No ano 2011 a Deputación Provincial inicia os trámites para a execución do proxecto de “construción de pantalanes para a zona de baño no río Miño” na contorna do tramo fluvial de “Los Robles”

 

  • Hai unha resolución do ano 2016 da CHMS na que se indica que “se declara desistida a solicitude para autorizar a zona de baño no Miño” porque na Diputación, onde Lara Méndez era a vicepresidenta, en CINCO anos non aportou a documentación que se lle requerira para este proxecto

 

  • Lugo merece que se materialice esta dotación tras 21 anos de bipartito, e 14 anos de promesas incumpridas” e debido á ambigüidade do goberno local sobre este asunto o Grupo Popular presentará unha proposición para o pleno de xaneiro coa que “queremos  dar un impulso definitivo a un proxecto longamente esperado pola veciñanza de Lugo”

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies