Transparencia

O PP pide transparencia tras ver como a única empresa beneficiada coñecida do Lugo Transforma é a dunha ex cargo socialista en Lugo

By 18 Decembro, 2022Sin comentarios

Antonio Ameijide realiza esta petición tras ver como case dous anos despois da posta en marcha deste plan que mobiliza 12M€ de fondos públicos unicamente tivo como beneficiaria coñecida con nomes e apelidos a empresa da antiga responsable das xuventudes socialistas en Lugo 

A comezos de 2021 Lara Méndez presentaba a estratexia Lugo Transforma, un fondo de capital risco público no que o Concello aportaba 12M€ que estaba destinado á entrada temporal no capital de proxectos empresariais innovadores, con potencial de crecemento e con alta capacitación en aqueles sectores que xeren, preferentemente, impacto social e ambiental.

Case dous anos despois, pouco ou nada se sabe deste programa máis aló de que “unicamente coñecemos publicamente os datos dunha única empresa” que “curiosamente dirixe unha persoa moi vinculada ao PSOE” xa que foi membro activo das xuventudes socialistas. Antonio Ameijide quere deixar claro, en primeiro lugar, que “non acusamos a ninguén de nada” pero, engade, que “non deixa de ser curioso que en dous anos so se beneficiase a esta única empresa que conta con esta característica particular”.

Neste senso, o vicevoceiro popular pide “transparencia e imparcialidade” a Lara Méndez, algo para o que debería de dar participación aos grupos municipais nas xuntanzas deste programa. “Non debería de negarse a que participemos das reunións xa que, do contrario, estaría demostrando que ten algo que agochar”, indicou.

O popular recorda que para o PP este programa foi unha idea positiva para Lugo xa que “sempre estivemos a favor de todos programas que axudasen a atraer, crear e asentar empresas a Lugo e así crear emprego”. Recorda Ameijide que o Grupo Municipal Popular defendeu en pleno en varias ocasións programas para atraer empresas ao municipio, ademais da adhesión do Concello de Lugo á rede de Concellos Emprendedores ‘Doing Business’ de Galicia, programa no que Lugo non está presente, a pesar de que si que hai 23 municipios da provincia, algúns deles con alcaldes socialistas ou nacionalistas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies