CulturaMedio Ambiente

O PP pide un método menos agresivo para limpar pintadas de edificios históricos ou patrimonio da humanidad como a Catedral

By 27 Outubro, 2020No Comments

Os populares piden explicacións ao bigoberno sobre “quen decidiu cómo efectuar a limpeza da Catedral, o sistema utilizado, os productos empregados así como o protocolo de actuación”

O Partido Popular presentou unha batería de preguntas ao bigoberno para aclarar o método de limpeza que o goberno local utilizou onte para borrar as pintadas que apareceron na Catedral de Lugo. O voceiro popular Ramón Carballo quere saber que protocolo se seguiu para eliminar as pintadas “ao considerar que hai outros métodos menos agresivos, que teñen en conta a porosidade e características dos materiais” indicando que “a auga a presión pode ocasionar desgaste á pedra”.

“Estamos a falar dun edificio que é Patrimonio da Humanidade e o lóxico é que para facer a limpeza se sigan unhas pautas específicas” aclarou.

Entre as cuestións que presentan para resposta en comisión queren saber “se se pediu permiso para facer esta limpeza; quen deu a orde para efectuala; cal foi o método escollido; que tipo de productos químicos se empregaron para o borrado das pintadas e se existe algún tipo de responsabilidade por non empregar un método menos agresivo. Tamén piden que se aclare se “de abrirse un expediente e dictarse unha sanción por esta limpeza quen asumiría a multa: o concello ou a empresa que fixo o traballo”

Os populares aproveitaron este suceso para volver a reclamar as cámaras de videovixilancia no entorno de monumentos ou edificios históricos como a propia Catedral. Dende o ano 2018 o Grupo Popular pediu instalar estes medios por considerar que había antecedentes suficientes de ataques contra o patrimonio, e que se repetían en puntos emblemáticos.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies