O Grupo Municipal do Partido Popular lamenta o estado no que o goberno local sumiu ao barrio da Ponte, onde a maleza medra sen control e os baches que se arranxaron polas festas do barrio xa volveron a aparecer, o que demostra o “total desinterese” que teñen polos seus veciños
O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo segue a realizar un chequeo dos barrios da cidade e “por desgraza” seguemos a comprobar o abandono no que o goberno bipartito local segue a sumir á cidade.
Nesta ocasión os concelleiros do Grupo Municipal Popular atenderon a chamada dos veciños da Ponte, que lamentan a imaxe que presenta o barrio debido ao tamaño da maleza que, nalgún caso, xa alcanza ou supera a altura dunha persoa, o que demostra “o deixamento” do goberno local.
Ao camiñar por diferentes rúas desta zona é sinxelo comprobar a cantidade de maleza que hai no barrio que, como sucede na rúa Santiago xa cubre as beirarrúas.
Noutra zona do barrio, no paseo de Álvaro Cunqueiro a maleza tamén cubre as beirarrúas, pero ademais, a imaxe do paseo, totalmente descoidado, coas baldosas rotas e o valado roto. “Tentar ver o río dende este paseo é misión imposible xa que a maleza impide ver o Miño”, explican os populares.
Por iso, dende o Grupo Popular instan ao goberno bipartito local a “dar unha volta por este barrio” para comprobar as necesidades dos seus veciños e así comprobar que o piden “é algo lícito”, polo que ademais os convidan a comezar de inmediato as tarefas de desbroce no barrio e a arranxar as deficiencias denunciadas polos veciños.
Esta visita ao barrio engádese ao chequeo realizado noutras zonas de Lugo polos concelleiros populares, que xa demandaron actuacións concretas en zonas como o parque do Miño á altura do recinto feira, en Fontiñas, barrio Feijoo ou A Piringalla.