- Antonio Ameijide suspende ao goberno local pola imaxe que ofrecen aos viaxeiros as entradas á cidade así como polas dificultades e ata inseguridade que ocasionan á cidadanía circular por elas xa que “falta iluminación, mantemento do firme, limpeza en profundidade nalgunhas infraestruturas como a ponte branca así como renovar e mellorar a sinalización”
- Para o popular “é prioritario coidar as entradas á cidade, por seguridade viaria, e porque son a nosa carta de presentación e de despedida para quen nos visita” polo que considera esencial que se faga un mantemento impecable delas e unha importante mellora nalgunhas.
- Catro dos accesos son competencia do concello: a entrada pola Fervedoria, a entrada polo CEAO e o tramo municipal da N-VI entre Avenida Américas e ponte branca e a Ronda Norte.
CHEQUEO DOS 9 ACCESOS LUGO
- Rotonda de Nadela: entrada estratéxica á cidade e sen iluminación, debido a que o goberno central a mantén apagada. Este punto é a arteria principal para accecer e sair de Lugo, que conecta a N-VI coa A-6; saída tamén cara Monforte, Sarria e zona Sur da Provincia a través do corredor autonómico que da acceso ao núcleo de Nadela.
Con respecto ao tramo da N VI que transcorre polo núcleo de Nadela seguimos no mesmo punto, sen conseguir que o Goberno Central ceda a titulariedade deste treito para que o Concello poida levar a cabo as comprometidas actuación de humanización desta vía e avanzar na conexión da trama urbana da cidade coa zona fluvial, sempre tendo en conta a prioridade de preservar o entorno.
- Entrada pola Fervedoira. precisa a ampliación e mellora da vía, garantindo a seguridade de peóns, usuarios do transporte público e de conductores, é necesario tamén a renovación das luminarias xa que a iluminación é escasa; colocación de sinais cinexéticas xa que neste tramo se produciron algúns accidentes de atropelos de corzos e xabaríns; mecanismos para reducción de velocidade; desbroces máis periódicos para evitar que a maleza tape sinais e entorpeza o paso de os vehículos máis altos.
- Ronda Norte é unha das vías con maior intensidade de tráfico. Continúa na actualidade precisando importantes melloras, xa que segue sen desdobrar e e sen iluminación. Polo que urxe unha obra de desdobramento e iluminación para garantir a seguridade nesta vía.
- Entrada polo Ceao Pavimento destrozado o que incrementa máis o risco de accidentes, nunha zona onde se suceden a diario colisións. Zona cunha primeira turborrotonda que nunca chegou a funcionar. Alí siguen os sinais tapados.
- N VI- dende Outeiro de Rei: precisa unha mellora do firme
- Acceso dende a N-540 que conflúe na Avenida das Américas. Estado de abandono en todo o seu trazado pero especialmente no acceso a Lugo, no que carece de iluminación, ten o pavimento deteriorado e precisa dunha mellora importante de mantemento e a instalación de iluminación.
- Estrada de Portomarín ou dende a autovía A-54 chegamos á “Ponte Branca” unha infraestrutura que precisa dunha limpeza en profundidade e dun mantemento e revisións axeitadas para garantir a súa seguridade estructural. Seguimos en ter novas sobre os ramais de acceso directo á cidade dende esta ponte.
- Por último, se a opción é entrar a Lugo pola Volta da Viña atópase cun dos cruces con máis tráfico da cidade, mal regulado, con problemas para os peóns e onde son frecuentes os accidentes.
- Estrada da Fonsagrada Fixéronse recentemente obras para mellorar a seguidade vial, así como estase a levar a cabo por parte da Xunta de Galicia obras para mellorar o día a día e seguridade dos usuarios do transporte urbano.