Logo da xogada da alcaldesa no Sagrado Corazón na que en vez de avanzar no proxecto do Centro de Saúde se retrocede, estamos preocupados pola falta de resultados que tamén se repiten coa futura Comisaría logo de que, hai oito meses, a alcaldesa se comprometese “á entrega inminente das parcelas para construír un novo edificio”
- Os populares destacan “a importancia de que o Concello negocie cos propietarios das parcelas para asegurar que o edificio teña as dimensións adecuada.
- A voceira do Grupo Municipal, Elena Candia, lamenta “a inacción , a falta de concreción” da alcaldesa de Lugo para avanzar na construción da nova Comisaría da Policía Nacional e que depende de que o goberno local ceda os terreos necesarios para facer o edificio
- Na reunión celebrada hoxe con sindicatos policiais trasladámoslles toda a información da que dispoñemos e que certifica “a falta de avances neste proxecto” dende que hai OITO MESES a alcaldesa se comprometese á entrega inminente das parcelas para construír esta dotación
- Nin temos novidades do Concello, nin tampouco do Ministerio do Interior o que nos leva a pensar que o PSOE non lle está dándo prioridade a esta cuestión e que se conforma con seguir facendo parches e obras menores no actual edificio da Comisaría.
- Solicitamos este pleno extraordinario porque consideramos fundamental que o Concello actúe con responsabilidade e ceda os terreos canto antes para que Lugo conte cunha Comisaría acorde ás necesidades da cidade” reflexionaba a voceira popular.
- Elena Candia reiterou que esta petición enmárcase no compromiso do PP de seguir impulsando solucións para garantir a seguridade e a mellora das infraestruturas de Lugo.
Respostas pouco claras e sen concretar prazos.-
- Ante as reiteradas preguntas do PP o Concello e o Ministerio emitiron respostas ambigüas, tanto no pleno municipal como nas preguntas formuladas no Congreso e no Senado, sen ofrecer un cronograma claro sobre cando se cederán os terreos e se iniciará o proxecto.
- No pleno do pasado 25 de xullo a unha pregunta do PP sobre o retraso na entregas das parcelas para facer esta infraestrutura se nos contesta de forma literal que “la tramitación del expediente sigue su curso tal cual estaba previsto para poder materializar y se elevará al pleno cuando corresponda”
- O 11 de xullo o Grupo Municipal informou aos representantes dos sindicatos da policía nacional da resposta “pouco clarificadora” que lles deu o Ministerio aos deputados populares que preguntaron no Congreso sobre a situación deste proxecto, repetindo o mesmo patrón de contestación “ambigua e pouco clarificadora”
- O 28 de febreiro, por fin, a alcaldesa anuncia cal é a ubicación elixida para facer a nova Comisaría da Policía Nacional de Lugo tras tomar en consideración as directrices dos técnicos do Ministerio do Interior que, en decembro de 2023, avaliaran as diferentes alternativas que había para esta infraestrutura. Nese intre, Paula Alvarellos aseguraba que “agora xa non hai volta atrás” comprometéndose a ceder, de xeito inminente, unha parcela de 117 metros cadrados na confluencia da rúa Orquídea con Aquilino Iglesias Alvariño para que o Goberno central constrúa nesta localización esta nova dotación.
- Dende esa data os deputados e senadores do PP presentaron preguntas no Congreso e no Senado e as respostas obtidas en maio e, agora, en outubro seguen sendo ás mesmas vaguedades que no verán (adxúntase respostas do Ministerio nas que indica que se está elaborando o programa de necesidades como requisitos previo para determinar a idoneidade da parcela ofertada)