Cultura

O PP pide un protocolo claro de actuación para as actividades e espectáculos das festas do San Froilán

By 9 Xuño, 2020Sin comentarios

A concelleira popular Beatriz Vázquez insta á responsable nacionalista de cultura a que “convoque a Comisión de Festas para informar sobre como se van garantir as medidas de seguridade e distanciamento social durante as patroais”

O Partido Popular reclama un protocolo claro de actuación que defina “que pautas se van seguir nas festas de San Froilán, que actividades e espectáculos e baixo cales condicións se van celebrar para garantir a seguridade sanitaria dos asistentes. Esa será a primeria petición que o Grupo Popular presentará á Comisión de Festas do San Froilán para a cal non hai, a día de hoxe data, a pesar de que as patronais se celebran en menos de tres meses.

Para os populares é necesaria “unha planificación exquisita dada a situación sanitaria consecuencia da covid 19” e opinan que “este ano non se pode deixar marxe a ningún tipo de improvisación”. Por este motivo a edil popular Beatriz Vázquez lamenta que o BNG que incumprise o seu compromiso de reunir comisión en xaneiro “pasaron 5 meses e o único que sabemos, a estas alturas, é que os nacionalistas queren facer unhas festas de baixo perfil, e nós non entendemos por qué as cousas, se se deciden facer, non se organizan o mellor posible”.

Outra petición da concelleira popular é a de recuperar a fórmula de rotación para elixir ao pregoneiro do San Froilán así como ao oferente do domingo das mozas. Este sistema permitiría que cada ano un grupo político se encargue de propoñer á Comisión os nomes dos persoeiros que se invitan para protagonizar estes actos para evitar que sexan sempre “as dúas propostas do BNG”. Beatríz Vázquez apelaba aos nacionalistas a que fosen coherentes co que predicaban cando estaban na oposición “daquela pedían abrir a participación e propiciar consensos, agora que pisan moqueta aplican o rodillo sen miramentos incluso cando se trata dunhas festas que son de todos”.

Os populares lembran que a alcaldesa suprimiu, no seu primeiro mandato, o sistema de nomear “de forma rotatoria” ao pregoeiro porque na corporación había 6 grupos políticos pero, dado que arestora hai catro, cremos que é o momento de volver a recuperar esta fórmula máis cortés”.

Os reforzos de limpeza así como a sinalización especial son outras medidas que a concelleira popular afirma “hai que ter moi en conta”. Outro aspecto que queren debatir, no seo da comisión de festas, é o relativo ás casetas e ás barracas xa que “si se reduce o seu aforo, e estes empresarios fixeron os seus investimentos para cumprir coas esixencias dos pregos, habería que plantexarse a posibilidade de que o concello faga algunha rebaixa nos prezos que lles cobra”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies