Transparencia

O PP pide unha Comisión de Suxestións máis dinámica que resolva, en tempo e forma, as peticións veciñais

By 1 Xullo, 2016No Comments

A concelleira do Gmpp Ana López Pombo pide axilidade en responder aos veciños que recorren á comisiónde suxestións destacando que “máis do 60% dos informes de enxeñería e da policía local se presentan fóra de prazo”

A primeira conclusión, logo de analizar os datos sobre o funcionamento da Comisión de Suxestións, é “a necesidade de axilizar os prazos da elaboración dos informes así como a busca de mecanismos para dar un impulso e responder, en tempo e forma, aos lucenses que utilizan este órgano” . “Se defendemos unha participación eficaz hai que mellorar a dinámica desta comisión para que cumpra a súa función” concluiu a popular.

A concelleira do PP apuntou que, malia que se mellorou algo con respecto ao anterior mandato, a lentitude en responder ás queixas que se presentan non é algo illado polo que “resulta incomprensible que, en temas tan importantes como os que afectan á policía local ou a enxeñería, teñan unhas  porcentaxes de entrega fóra de prazo de máis dun  60% respectivamente”.

López Pombo tamén considera preocupante o incremento das reclamacións en Servizos Sociais e o feito de que “se repitan, mes tras mes as mesmas, evidencia que algo está fallando”. A popular referiuse ao trato dispensado ás máis de 20 familias que pediron explicacións porque se anulou o programa de Aulas Abertas no María Balteira. Ana López Pombo afirma que “o informe co que o goberno local zanxa o asunto sen adoptar nin unha soa medida para solucionar o problema dos veciños afectados”. A popular interpreta que o goberno local “utiliza esta comisión para cubrir expediente, delegando a responsabilidade aos funcionarios que son os que emiten os informes e aí termina a cadea”. Para López Pombo falta o último eslabón, a dirección política, que é en definitva quen ten a potestade de dar unha solución aos problemas”.

Algún dos casos tan graves nos que os veciños esperan unha resposta como” o da comunidade de veciños con problemas por mor das augas residuais derivados dunha canalización pública  e que e levaba máis tres meses agardando a unha resposta”; ou a prepotencia coa que responderon os socialistas aos comerciantes do casco antigo cando protestaron pola tardanza da posta en marcha do alumeado navideño e os despacharon indicando que “se retrasaba porque o Concello é o que o paga e entón o encende cando considera oportuno” algo que a popular considera unha saída de tono xa que “aquí quen paga todo son os lucenses e por tanto o goberno local debería telos en conta”.

A popular insta ao goberno local a que preste máis atención a esta Comisión afirmando que “cos datos analizados a imaxe que percibe o cidadán é desfavorable, polo que perde a súa principal esencia que é a de detectar problemas e aportar solucións”, concluiu.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies