CulturaTurismo

O PP pide unha data fixa para a celebración do Arde Lucus

By 26 Xuño, 2023Sin comentarios

Os populares agradeceron a participación da cidadanía, tanto dos lucenses coma dos visitantes que se sumaron esta fin de semana no Arde Lucus, e felicitaron ás asociacións que fixeron posible esta festa de recreación histórica polo traballo que levaron a cabo, polas caracterizacións e o seu esforzo para que o evento fose un éxito

O concelleiro Agustín Gallego manifestou que co ánimo de contribuir a mellorar e consolidar este evento presentará na Comisión de cultura unha iniciativa para que “a partir do Arde Lucus de 2024 a celebración se desenvolva nunha data fixa que non coincida co San Xoán”.

Para o concelleiro popular “o Arde Lucus precisa evolucionar xa que, se o que se ofrece é máis do mesmo, pode supoñer unha ameaza de cara ao futuro para manter no tempo este evento cultural e histórico” á vez que reclamaba que se fomente a participación da veciñanza”.

Os populares entenden que unha fórmula para facilitar a aportación de ideas sería a creación dunha comisión de seguimento do Arde Lucus onde “ademáis de coñecer os plans do goberno local sobre esta celebración considerada como festa de interese turístico nacional e internacional tamén se poderían fiscalizar con maior transparencia as contas das festas”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies