InfraestruturasTurismo

O PP pide unha praia fluvial “antes do próximo verán” fronte ao Pazo Universitario dos Deportes

By 11 Xullo, 2016Xullo 13th, 2016Sin comentarios

 O voceiro popular Jaime Castiñeira explica que “dado que no segundo verán da alcaldesa seguimos sen unha zona de baño pública, gratuíta e segura, é imprescindible que se comece a traballar dende agora para corrixir esta situación”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, esixiu ao goberno municipal que “antes do próximo verán” os lugueses teñan unha praia fluvial, que propón que se ubique á altura do Pazo Universitario dos Deportes.

Nesa liña, Castiñeira sinalou que “a localización que nos parece máis axeitada é a da confluencia do río Rato e do Paseo do Miño”, para o que se baseou en catro argumentos: a seguridade que outorga para os bañistas, a maior sinxeleza na tramitación dos permisos polo menor grao de protección que ten esa zona concreta, a accesibilidade da contorna e a existencia de servizos, como espazo de estacionamento, nas inmediacións. “Esta foi a localización que sempre defendemos e, de feito, así figura tanto no noso programa electoral como en varias mocións que trasladamos ao pleno municipal”, subliñou.

Así mesmo, Castiñeira destacou que “estamos xa no segundo verán da alcaldesa e neste tema, como en tantos outros, non se produciu ningún avance”, polo que o popular anunciou que trasladará unha proposta ao vindeiro pleno encamiñada a iniciar os trámites para a adquisición das fincas na confluencia do Río Rato e o Parque do Miño. “Deste xeito, non só completaríamos o cinto verde da cidade, que é unha vella reivindicación de moitos lugueses, senón que teriamos un espazo perfecto para esta zona de baño pública, segura e gratuíta, incorporando areneiros que sirvan tanto para xogos infantís como para zona de prácticas deportivas como o fútbol-praia ou o volei-praia”, indicou, ao tempo que incidiu en que “o mantemento tería un custe moi reducido”.

Caneiros e posta en valor da outra beira do río.-

Por outra banda, o popular tamén anunciou que proporá a recuperación dos tres caneiros que existen nas inmediacións (o de Lulú, o de Carlos e o da Tolda), en colaboración coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Ademais, Castiñeira sinalou “a conveniencia” de que se implique neste proxecto tamén a Deputación Provincial, “da que foi vicepresidenta durante oito anos a hoxe alcaldesa de Lugo, sen que se percibiran froitos para os lugueses nesta materia”. A ese respecto, subliñou que “o feito de que se poida incorporar unha zona de baño neste punto concreto non quere dicir que se deban marxinar outras alternativas como a do entorno de Los Robles que foi pola que sempre avogou a administración provincial pero á que renunciou o goberno socialista pola excesiva tramitación burocrática que, en opinión do goberno local, esixía”.

Por último, o voceiro popular apuntou que “a dotación dunha praia fluvial pode ser un dos primeiros pasos na posta en valor do Miño”, que debe continuarse coa recuperación “progresiva” da outra beira do río, aproveitando elementos como a illa que existe no contorno e que pode servir como zona de cruce, de xeito que “a medio e longo prazo se poida completar un circuíto peonil con sendeiros por ambas as dúas marxes”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies