Obras

O PP piden a Alvarellos que visite as obras do centro como fixo co Muíño de Olga

By 12 Setembro, 2024Sin comentarios

Carballas ve incoherente que o goberno local “inaugure o comezo destes traballos mentres que  pospón  reparar, por motivos de caudal, a ponte romana que está na mesma zona”

 

MARTES 10 DE SETEMBRO DE 2024

 

  • O PP ve unha incoherencia que a alcaldesa asista hoxe á inauguración dunhas obras no Muíño de Olga, que está a menos de 500 metros da ponte romana, unha infraestrutura que declinou arranxar  xustificándose coas condicións de caudal do Miño

 

  • En agosto, a alcaldesa asinou un decreto para retirar a partida de 134.000 € destinada á reparación da ponte romana e redirixir eses fondos a obras na zona sur da cidade, a decisión  provocou malestar na veciñanza xa que no barrio hai infinidade de problemas un deles as constantes fugas de auga

 

  • Na contorna do Muíño de Olga a Confederación Hidrográfica arranxa o caneiro “unha intervención moi esperada e necesaria” que os populares agradecen

 

VALENTÍA Á ALCALDESA

 

  • Os populares piden valentía á alcaldesa e que “ao igual que visita as obras da rehabilitación do Muíño, ou que inaugura unha rampa no Miño … se achegue ao centro e supervise as obras de peonalización para comprobar o esforzo que fan os comerciantes e hostaleiros para sobrevivir aos retrasos e o caos destes traballos pola falta de planificación do goberno local. Un exemplo da situación que está a vivir o comercio local témola coa praza onde sigue o goteo de peche de negocios.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies