Urbanismo

O PP pon deberes ao goberno local e dea prioridade os 6 retos urbanísticos que deberá afrontar en 2022

By 11 Xaneiro, 2022No Comments

O vicevoceiro do PP Antonio Ameijide considera que “un dos principais desafíos e problemas do bigoberno é solucionar as indemnizacións millonarias dos casos de urbanismo á carta con selo socialista” como son as Torres do Garañón e a cesión de terreos a un promotor pola perda de edificabilidade no Portela

O Partido Popular considera que un dos principais retos do goberno local neste 2022 será solucionar ás indemnizacións millonarias pendentes dos casos de urbanismo á carta con cuño do PSOE.

Nese senso, o vicevoceiro popular anuncia que vai presentar iniciativas para que se cuantifique canto nos van a custar aos lucenses “os convenios urbanísticos do Garañón e do Portela” matizando que “tanto un coma outro foron cociñados polo padriño político de Lara Méndez, o señor Besteiro” lamentando que “a rexedora siga defendendo o seu legado envelenado”.

Os populares queren “luces e taquígrafos con respecto ás negociacións que se abran co promotor, propietario do García Portela, que cedeu un solar para salvar o Sanatorio a cambio de recibir outros terreos municipais en compensación”. Nese senso, Ameijide avanzou que pedirá explicacións en comisión sobre varios aspectos como por exemplo:

– Os motivos polos que non figuraba ningún informe técnico que avalase a cesión de terreos por perda de edificabilidade na xunta de goberno celebrada o 16 de setembro de 2020; as razóns polas que se fixo con tanta urxencia a Xunta de Goberno para garantir a cesión de terreos ao promotor propietario do Portela sen contar cun expediente económico; tamén queremos saber se dende que se firmou a cesión de parcelas ao promotor deste solar houbo algún contacto co constructor e como se lle vai compensar pola perda de edificabilidade; no caso de que se entreguen  outras parcelas queremos que nos digan onde e cales van ser; a canto podería ascender a indemnización por anular esta operación sen informes e se, neste momento, segue vixente o convenio urbanístico.

Para o vicevoceiro popular resulta pouco crible que a alcaldesa de Lugo “presuma dun novo modelo urbano verde e non sexa capaz de resolver o despropósito urbanístico nun dos entornos verdes máis privilexiados da cidade”. “Está claro que mentres permaneza esta mole de formigón tal e como está esa será a imaxe que represente para todos os lucenses un dos períodos máis escuros do urbanismo de Lugo”.

Os outros desafíos urbanísticos deste ano deberían ser o desbloqueo do Plan Xeral; impulsar a revisión dun novo Plan Xeral; a actualización do PEPRI e o  desenvolvemento de Unidades de Intervención.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies