Medio AmbienteTransparencia

O PP pregunta a Lara Méndez onde están os merenderos que retirou do parque do Miño para un festival

By 26 Marzo, 2019Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide sinala que se retiraron os merenderos do paseo do Miño, que se “tiraron” ao carón do paso soterrado da N-VI, lugar no que seguen a día de hoxe, sen ningún tipo de coidado nin vixilancia, polo que haberá que revisar o seu estado antes de devolvelos ao seu lugar orixinal

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, pregunta a Lara Méndez cales son os motivos de que seis meses despois da celebración do festival aínda non se repuxeran os merenderos do paseo do Miño que se retiraron por mor da organización do mesmo.

Antonio Ameijide sinala que esta é unha mostra máis da “despreocupación” de Lara Méndez pola cidade, xa que a isto hai que engadir o descoidada que se atopa esta zona da cidade, cunha total falta de mantemento. “Os sendeiros desta zona están totalmente abandonados, as zonas verdes descoidadas, o lixo se retira moi de vez en cando, o que se ve nas papeleiras cheas e o lixo polo chan”, afirmou o popular.

O voceiro popular lamenta que aínda non se repuxeran os merenderos nesta zona da cidade, un entorno moi frecuentado polos lucenses para pasear, facer deporte ou descansar un pouco. Estas infraestruturas se retiraron con motivo do festival e, a día de hoxe, seguen “tiradas” no lugar no que puxeron en setembro, ao carón do paso soterrado da N-VI, á altura do restaurante San Lázaro.

Por iso mesmo, e ante as “agradables temperaturas” que se están a rexistrar no comezo da primavera en Lugo, o popular reclama a colocación inmediata dos merenderos e unha revisión dos mesmos, xa que desde que se retiraron non se lles prestou máis atención, polo que “a saber en que estado se atopan”. Tamén pide o popular que se preste máis atención a esta zona da cidade, xa que nos vindeiros días aumentará a presenza de lucenses neste punto, polo que ten que estar nas mellores condicións posibles.

Aparcamento
Antonio Ameijide recorda que Lara Méndez segue sen cumprir o acordo plenario, aprobado por unanimidade a iniciativa do PP, estudar a mellor localización para a creación dun aparcadoiro nesta zona da cidade, unha medida que solucionaría a falta de prazas de aparcadoiro no Paseo de Miño, unha eiva que se ve acentuada no verán.

Para o popular a creación deste aparcadoiro “incentivaría que os lucenses se achegasen ata este barrio da cidade e así se axudaría aos negocios da zona. Ademais, serviría para regular o tráfico os días que o Club Deportivo Lugo xogue no Anxo Carro. De crear este aparcadoiro moitos afeccionados poderían optar por esta ubicación para deixar os seus vehículos e achegarse ata o campo camiñando polo paseo do Miño, polo que deste xeito se sacarían moitos vehículos do entorno da N-VI”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies