Mar Carballas realiza estas pregunta logo de ver “nulos avances” para que novas empresas se beneficien deste programa municipal dotado con 12M€ e do que unicamente se axudou economicamente á empresa da antiga responsable das xuventudes socialistas en Lugo
Hai dous anos que Lara Méndez anunciaba a mobilización de 12M€ de para, segundo explicaba a propia rexedora, “transformar a cidade con proxectos empresariais innovadores”. Pois ben, a realidade dous anos despois é que o único que coñecemos é que a alcaldesa deu 300.000€ á empresa que dirixe unha persoa moi vinculada ao PSOE xa que foi membro activo das xuventudes socialistas.
A concelleira Mar Carballas quede deixar claro que “non acusamos a ninguén de nada” pero “é curioso que en dous anos so se beneficiase a esta única empresa que conta con esta característica particular”.
É certo que en decembro anunciouse que tres empresas optaban a conseguir 700.000€ deste programa que ten como fin axudar a proxectos empresariais innovadores, con potencial de crecemento e con alta capacitación en aqueles sectores que xeren, preferentemente, impacto social e ambiental, pero “semella que todo foi unha bomba de fume para tentar tapar que so axudaron á empresa dunha persoa vencellada ao PSOE”.
Ante esta situación, Carballas recorda a Lara Méndez “a necesidade e a obriga que ten de garantir a total transparencia e imparcialidade” deste programa polo que insta á rexedora a “dar participación aos grupos municipais nas xuntanzas deste programa para demostrar que non ten nada que agochar”.
No Grupo Popular recordan que este programa foi unha idea positiva para Lugo, do mesmo xeito que “sempre xa que fomos propositivos na petición deste tipo de iniciativas, ademais de apoiar todos programas que axudasen a atraer, crear e asentar empresas a Lugo e así crear emprego”.
Neste eido, os populares defenderon en diferentes ocasións programas para atraer empresas ao municipio, ademais da adhesión do Concello de Lugo á rede de Concellos Emprendedores ‘Doing Business’ de Galicia, programa no que Lugo non está presente, a pesar de que si que hai 23 municipios da provincia, algúns deles con alcaldes socialistas ou nacionalistas.