Seguridade

O PP pregunta a Méndez e Arroxo que ten que pasar cos gorrillas para que doten á policía de ferramentas legais para actuar

By 5 Agosto, 2021No Comments

O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide amosou a súa preocupación despois de ver que os incidentes cos gorrillas seguen a producirse, xa que os lucenses están cansos da extorsión que sofren cada vez que van ao Hula, xa sexa a traballar ou por razóns médicas

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, pregunta a Lara Méndez e Rubén Arroxo se esperan a que teñamos que ler algún día un titular que lamentar sobre a acción dos gorrillas no entorno do Hula para que se decidan a dotar á policía de ferramentas legais para poñer coto a esta actividade ilícita ou, pola contra, se poñerán de inmediato a traballar poñer freo á extorsión que sofren os lucenses a diario.

O concelleiro popular sinala que os feitos que tiveron lugar onte nas inmediacións do Hula poden ser froito das reiteradas extorsións que sofren os lucenses por estacionar na rúa, situación permitida e amparada polo bigoberno de Lugo que seguen a negarse a poñer coto a este tipo de situacións cunha normativa legal que a impida.

Antonio Ameijide recorda tamén que coa instalación de cámaras de vixilancia no leirapárking e nos arredores do Hula tamén se podería frear a actuación dos aparcacoches, xa que se podería identificar claramente a súa actuación e ter probas no caso de que algún cidadán sexa obxecto dalgún tipo de extorsión ou reciba danos no seu vehículo. Unha ferramenta que non debería de supoñer ningún problema para o goberno local, a que outros aparcadoiros municipais, como os soterrados das Prazas do Ferrol, Constitución e Santo Domingo contan cos seus respectivos sistemas de videovixilancia.

O concelleiro popular lamenta que os lucenses teñan que vivir situacións deste tipo que, por desgraza, se suceden periodicamente, xa que os gorrillas ampliaron a súa zona de actuación despois de que Lara Méndez e Rubén Arroxo lles permitan exercer esta actividade ilícita no leirapárking. “Ata cando van a permitir esta situación a alcaldesa e o vicealcalde. Ata cando van a seguir amparando á xente que se salta a lei impunemente ameazando, agredindo e danando propiedades privadas”, preguntou.

A actuación dos gorrillas é un dos grandes problemas de Lugo nos últimos anos, chegando a propiciar unha investigación por parte da Valedora do Pobo, ante a indefensión á que están sometidos os lucenses que sofren a extorsión diaria dos gorrillas no leirapárking do Hula, xa que son moitos os lucenses que sufriron danos nos seus vehículos por no acceder ás chantaxes dos gorrillas.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies