Transparencia

O PP pregunta a Pedro Sánchez canto teñen que desbordarse os xulgados lucenses para que poña data á creación do cuarto xulgado do Social

By 4 Decembro, 2020No Comments

O voceiro do Grupo Municipal do PP Ramón Carballo afirma que o nulo peso político de Lara Méndez e de Gonzalo Caballero dentro do PSOE a nivel nacional evidencian a realidade, que a Pedro Sánchez non lle importan os lucenses polo que nega o que é de xustiza para Lugo

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, amosouse moi crítico coa decisión do Ministerio de Xustiza de seguir sen poñer data para a posta en funcionamento do cuarto novo xulgado do social en Lugo, a pesar de que é unha reiterada demanda da Xunta de Galicia, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e do Colexio de Avogados de Lugo, debido á gran sobrecarga de traballo coa que contan os xulgados lucenses.

Ramón Carballo recorda que xa o ano pasado o Goberno de Pedro Sánchez deu as costas aos lucenses ao negar a creación dun cuarto xulgado do Social en Lugo, a pesar de que os tres xulgados existentes para os asuntos sociais soportaban unha carga superior ás súas posibilidades, concretamente o modulo de entrada ascendeu ao 148%, cunha media de entrada de 1.181 asuntos, incluídos os de execución. “Falamos de que os tres xulgados dos social de Lugo están desbordados e nin por esas o Ministerio de Xustiza accede a conceder unha reclamación totalmente lexítima”, sinalou.

No seu día xa supuxo un duro revés para o partido xudicial de Lugo, que viu como o Ministerio de Xustiza si que concedía a creación doutros xulgados do Social, como foi o caso de Santiago ou Vigo, pero despois de dar luz verde ao cuarto xulgado do Social, seguen a negalo xa que non poñen data para a entrada en funcionamento desta nova e necesaria sala nos xulgados lucenses.

Ramón Carballo explica que a realidade é moi dura para Lara Méndez e para todo o PSOE lucense, xa que despois de que a propia rexedora se encargase de anunciar por todas as canles posibles a creación do cuarto xulgado do Social para Lugo “vemos como non hai nada” e que o seu viaxe a Madrid para desbloquear a situación unicamente foi unha viaxe turística para gastar dietas a conta do Concello de Lugo.

Unha situación que amosa ás claras o “pouco ou o nulo” peso político que ten Lara Méndez dentro do PSOE a nivel nacional, unha dubidosa honra que tamén comparte o candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies