Ramón Carballo critica a Arroxo por dicir agora que esta infraestrutura “é un problema”, algo que sempre negou cando os veciños de Lugo e o PP denunciamos todos os problemas que se crearon na cidade a raíz desta dotación
A proximidade das eleccións provoca que ata os membros do goberno “se quiten a careta” e falen publicamente de problemas que levan sobre a mesa moitos meses, denunciados polo PP e polos veciños de Lugo, como é o caso do BNG e o carril bici.
Ramón Carballo afea a Rubén Arroxo que “reacciona moi tarde” ante un problema que o Grupo Municipal do PP xa puxo sobre a mesa dende que se presentou o proxecto ata que se rematou a obra. “Tal foi a nosa preocupación que realizamos numerosas xuntanzas con veciños e comerciantes, acadamos modificacións do trazado, como foi en Marqués de Ombreiro, e seguimos afirmando que é preciso mudar o actual trazado”, defendeu.
Para o voceiro popular “non é de recibo” que Arroxo sempre se puxese publicamente de perfil cando lle preguntaban pola idoneidade do carril bici “chegando incluso a votar a favor do proxecto en xunta de goberno local o 15 de xullo de 2020”. “Se Rubén Arroxo sabía que era un proxecto tan negativo para Lugo e os lucenses, por que votou a favor da súa execución?. Esa é a resposta que ten que dar, non dicir que é un problema”, afirmou.
A realidade é que o carril bici de Lara Méndez e Rubén arroxo so serviu para destruír máis de 300 prazas de aparcamento no barrio da Residencia, poñer en pé de guerra a centos de veciños polo dano que lles provocou no seu día a día, para dificultar a circulación dos vehículos e para dilapidar 1.5M€ de fondos europeos nunha infraestrutura “imposta e sen consenso”.