Educación

O PP pregunta ao goberno local as razóns polas que non utiliza a bolsa de traballo para cobrir as vacantes e baixas dos conserxes nos colexios

By 8 Novembro, 2023No Comments

MÉRCORES 8 DE NOVEMBRO DE 2023

 

  • O Grupo Municipal do Partido Popular presenta un ROGO a PLENO para que se adopten as medidas precisas para garantir a cobertura das prazas de conserxe “de forma inmediata” nos centros educativos de Lugo nos que falta este persoal dende hai semanas.

 

  • O popular Javier Vázquez explica como nos últimos tempos centros escolares, como o de Rosalía de Castro ou As Gándaras, levan sen conserxe, durante longos períodos de tempo, por falta de cobertura de baixas ou xubilacións o que repercute na cancelación de actividades extraescolares ou mesmo en cuestións de mantemento do día a día.

 

  • Os populares achacan esta situación a falta de previsión por parte do goberno local xa que as xubilacións son casos previsibles e lembran como en maio se asinou o decreto de APROBACIÓN DA BOLSA DE TRABALLO DA CATEGORÍA DE CELADOR/A CEIP que recolle unha relación de 870 demandantes de emprego para esta categoría profesional lamentando que non se esté  utilizando para cubrir as baixas.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies