Sen categoría

O PP pregunta ao goberno local os prazos que manexan para dotar á protectora de animais dunhas instalacións axeitadas

By 28 Xullo, 2023Sin comentarios
  • Tras coñecerse a perda de case 2M de euros de fondos europeos solicitados polo Concello de Lugo para as novas instalacións da Protectora de animais, a concelleira popular urxe unha solución real a Lara Méndez xa que “outro ano mais vemos como o proxecto do traslado da protectora quedou en papel mollado e nada se fará por dar aos animais unhas condicións de vida dignas.”

 

  • Recorda que en setembro de 2022 o responsable de Medio Ambiente, Miguel Fernández, explicou en comisión que “de non conseguir a axuda solicitada para as novas instalacións da protectora, a vontade do goberno local era facelo con fondos propios”

 

  • Se, como indicou o goberno local, os anteproxectos están feitos, Mar Carballas espera que o inicio das obras se realice de forma inminente xa que a intención do Concello de Lugo “era comezar a executar as obras tan pronto se tivese unha resolución sobre os fondos solicitados”

 

  • As actuais instalacións da protectora de animais e plantas de Lugo presentan un importante deterioro, ademáis de estar desbordada en capacidade, o que fai cada vez máis difícil desenvolver a súa actividade e incrementa os custos de mantemento

 

  • O traslado da protectora de animais debe ser unha prioridade xa que ademais de mellorar o coidado dos animais en estado de abandono fomenta a concienciación e sensibilización cidadá é realiza unha importante función na prevención da saúde pública. Por elo, os concelleiros populares, unha vez máis, tenden a man “para colaborar e axudar ao goberno local en todo o que sexa necesario, para que se traslade a protectora á nova sede o máis rápido posible e así mellorar as condicións de vida dos animais”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies