Servizos sociais

O PP pregunta ao goberno local se o Fogar do Transeúnte ten capacidade para cubrir as necesidades que hai en Lugo co toque de queda

By 14 Novembro, 2020Novembro 16th, 2020No Comments

A concelleira do Grupo Municipal do PP Macamen López teme que esta instalación municipal non poida dar solución a todos os demandantes deste servizo ante o posible incremento de peticións para usar esta instalación durante as horas que se prohibe estar na rúa

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Macamen López, visitou o Fogar do Transeúnte para coñecer de primeira man a situación na que se atopa esta instalación municipal despois de decretarse o toque de queda.

A concelleira popular achegouse a esta instalación para saber se teñen prazas suficientes para cubrir as necesidades de persoas sen teito que hai na cidade, máxime despois de que no mes de xullo a concelleira responsable deste servizo, Olga Racamonde, anunciase que se reformaría o Fogar do Transeúnte para ampliar as prazas dispoñibles.

Unha situación ante a que Macamen López explicou que se presentarán preguntas en comisión para coñecer o estado real de funcionamento desta instalación, xa que a concelleira popular se amosou moi preocupada porque pode que o Fogar do Transeúnte se quede pequeno para atender as necesidades existentes na cidade, polo que tamén se amosou interesada en saber cal é o protocolo a seguir se hai persoas que residen na rúa e non solicitan unha praza para pernoctar.

Tamén preguntará Macamen López polos motivos de que non se realizaran os traballos de mellora das instalacións anunciados pola concelleira responsable de Benestar, e tamén para coñecer polo miúdo en que consistirán. A popular realiza estas preguntas xa que ao realizar a visita se comprobou que estes traballos aínda non se realizaron, polo que tamén quere saber cales foron os motivos que o impediron e en que prazo se agarda estean rematados.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies