Cultura

O PP pregúntase que ten que ocultar á alcaldesa para prohibirlles entrar no Auditorio de Magoi onde podería haber novos desperfectos por telo pechado

By 23 Setembro, 2021Sin comentarios

O PP solicitou este luns, por escrito, acceder ao edifico xa que temen “que a falta de ventilación, limpeza e de uso dos aparellos que hai no interior provoquen o deterioro desta infraestructura” criticando que nin PSOE nin BNG “se responsabilicen de facer un control periódico desta dotación para evitar desperfectos e avarías tanto no inmoble como no equipamento”

O Grupo Popular retoma a súa reivindicación para que os lucenses poidan entrar e disfrutar do novo auditorio de Magoi que xa leva un ano e tres meses pechado dende que a alcaldesa ten as chaves do edificio. “Lara Méndez comprometeuse a que á volta do verán habería novidades e seguimos no mesmo punto”.

Os concelleiros do Grupo Popular escenificaron hoxe a súa reivindicación concentrándose diante do Auditorio de Magoi para denunciar a negativa da alcaldesa a permitirlles entrar no edificio tal e como pediron este luns, cun escrito por rexistro. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explicaba que o feito de ter esta infraestructura pechada durante tanto tempo podería provocar un maior deterioro do inmoble antes de que os lucenses podamos estrealo” xa que “sen ventilación se aceleran as humidades, se deteriora o mobiliario e a falta de uso dos aparellos eléctricos pode provocar que deixen de funcionar”

A proba de que “non teñen interese en abrir esta dotación porque non saben como xestionala, nin que contido darlle foi a imaxe selvática na que tiveron o inmoble ata hai uns días cando o PP reclamou a súa limpeza”.Esqueceron, dentro do Plan de Barrios do que tanto presumen, limpar esta finca pero os veciños cando viron que limpaban a zona e pasaban as semanas e ninguén adecentaba a finca e a beirarrúa da contorna do auditorio comezaron a protestar”.

O PP tamén pide claridade con respecto ao uso público dos espazos que hai no entorno do edificio xa que a valla perimetral que hai na Avenida de Magoi está aberta e non hai ningún cartel que prohiba o paso co que os veciños entenden que non incumpren ningunha normativa e que poden utilizar as prazas que hai ao pé do edificio”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies