Seguridade

O PP preocupado e desgustado porque a incorporación ao programa contra o maltrato VioXén segue en terra de ninguén por falta de vontade política

By 17 Febreiro, 2022No Comments

O PP está “preocupado e desgustado pola actitude do bigobierno con respecto á incorporación de Lugo ao programa contra os malos tratos, VioXén”. Hoxe na comisión de cohesión social, o PSOE dixo claramente a preguntas que lle formulou o Grupo Popular que “non se activa o VioXén porque os axentes non están aínda formados”

Para Macamen López Silva esta “escusa xa non ten percorrido” lembrando que “hai un ano dixeron exactamente o mesmo e, de feito, estamos a piques de celebrar o 8 de marzo sen avances nesta adhesión”.

A concelleira popular Macamen López Silva tamén lamentou a falta de vontade política para adherirse á Rede Galega de Municipios contra a Violencia de Xénero. “Hoxe volveron a repetir que o ían a valorar, xa nos soa a tomadura de pelo porque levan con esa cantilena desde xullo de 2017″, sentenciou.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies