Seguridade

O PP preocupado pola hipocresía de Lara Méndez, xa que tras negar durante anos o problema dos okupas, agora o recoñece pola proximidade das eleccións

By 18 Setembro, 2022Sin comentarios

Os populares agardan que a repentina preocupación da rexedora polas okupacións ilegais a leven a apoiar a proposta de acordo que o PP defenderá no vindeiro pleno xa que se pide o endurecemento da lei contra os okupas e que o Concello adopte medidas nas súas competencias, o mesmo que a alcaldesa prometeu aos veciños de Albeiros, pero que a alcaldesa leva anos votando en contra no pleno

Despois de anos negando sistematicamente que en Lugo houbera un problema coa okupación ilegal de vivendas, Lara Méndez por fin se decatou de que estamos ante un problema moi grave en Lugo, seguramente debido ás eleccións municipais do vindeiro ano.

Os populares dan a benvida a Méndez á preocupación por este problema, algo que dende o PP levamos anos facendo “poñéndonos sempre a disposición dos afectados e buscando consensos no pleno, iniciativas que Lara Méndez, o PSOE e o BNG sempre rexeitaron por non ser un problema que afectase a Lugo”.

Entre eses acordos rexeitados está a creación dunha oficina municipal de asesoramento para afectados, crear un mapa coas localizacións e puntos conflitivos para incrementar a presenza policial e, incluso, rexeito apoiar a proposta de acordo que fixeron os veciños do Sagrado Corazón durante unha manifestación no barrio, manifestación que apoiaron e aplaudiron dende as filas socialistas pero que, á hora da verdade, rexeitaron.

A realidade é dura para Lara Méndez e a súa preocupación unicamente obedece ás eleccións municipais de 2023, “pero sempre é mellor tarde que nunca e por iso agardamos que apoie a iniciativa que o PP defenderá este mes no pleno e que plantexa o mesmo que ela prometeu aos veciños de Albeiros: endurecer a lei para protexer aos cidadáns e apoiar a iniciativa lexislativa popular que propoñen desde Albeiros”.

Por último, os populares agardan que as vindeiras accións de Méndez acompañen as súas palabras e lle piden que deixe de preocuparse polas okupacións dende o despacho e que vai ás zonas afectadas para comprobar de primeira man como se trata dun problema “grave e real en Lugo”.

Ademais, os populares instan a Lara Méndez a que poña a disposición dos particulares afectados por okupacións ilegais os mesmos recursos que empregou para defender a propiedade municipal okupada. “Aquí non pode haber unha dobre vara de medir en función de se afecta aos intereses de Lara Méndez ou non”, afirman.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies