
Os populares queren que na axenda urbana do bigoberno se priorice o impulso do Paseo Interior da Muralla como plus para conseguir que o casco histórico sexa declarado Patrimonio da Humanidade
O Grupo Popular presentou catro iniciativas a pleno dúas delas centradas en dous temas de carácter local como son o impulso do Paseo Interior da Muralla. O voceiro popular insiste en que este “é un proxecto é vital e podería supor un plus para conseguir que o casco histórico de Lugo sexa declarado Patrimonio da Humanidade”.
O Partido Popular tamén propón axudas alimentarias para celíacos con escasos recursos, outras suxestións son levar a cabo campañas de divulgación en colaboración coa Asociación Galega de Celíacos; un concurso de tapas accesibles en colaboración coa Asociación de Hostalería; que o Concello reclame á Deputación que edite unha guía gratuíta de información con nocións básicas sobre intolerancias e alerxias que se consensúe previamente coa Asociación Galega de Celíacos e, por último, solicitamos ao goberno central baixar o IVE dos produtos alimentarios sen glute co obxecto de que o prezo dos alimentos sen glute se igualen co dos seus homólogos con glute.
Outra proposición que se debaterá mañá no pleno é instar ao goberno a aboar a débeda pendente con Galicia. “Isto non é ningunha broma” aclarou o voceiro popular xa que “estamos falando de 370 millóns de euros que se adebeda a Galicia (200 millóns do IVE e 170 millón de compensación por cumprimentos fiscais)”.
O voceiro popular Ramón Carballo quere que o resto dos grupos da corporación “por responsabilidade” voten a favor desta iniciativa para forzar a que o goberno de coalición de España pague a débeda que ten con todos os galegos. O voceiro popular razoaba como “o impacto económico desta decisión podería supor unha perda de recursos para o noso concello” e entende que “tanto a alcaldesa como o seu vicealcalde non poden permanecer alleos ás declaracións da Ministra nas que asegura que non pagará a Galicia o que lle adebeda”.
Por outra parte, tamén propoñemos que o pleno se sume á petición para que Pedro Sánchez explique ante o Congreso o seu pacto con Bildu e ERC. Dende o PP consideramos que Pedro Sánchez debería romper os seus acordos con ERC e Bildu, xa que se trata de partidos que buscan romper a unidade española e acabar coa democracia e o Estado de Dereito vixentes.
Por último van votar a comparecencia da responsable de cultura para que de explicacións para explicar o abandono dos museos municipais nos que seguen sen arranxarse os contidos dixitais das diferentes dotacións municipais. Os populares esixen responsabilidades políticas “diante da falla de dilixencia e incapacidade do bigoberno” e piden “un traballo serio para solucionar o antes posible os problemas técnicos que hai en todas as salas municipais, especialmente, no MIHL e na Casa dos Mosaicos onde os seus contidos básicos son os vídeos”.