#LugoaExame

O PP presenta no primeiro pleno do mandato o máximo número de iniciativas que lle corresponde

By 26 Xullo, 2023Sin comentarios

CATRO PROPOSICIÓNS DE PLENO

PROPOSICIÓN PROPOSTAS CASCO HISTÓRICO

  • Defenderemos unha iniciativa para que se revisen e no seu caso se melloren os proxectos de execución correspondentes á iniciativa corazón verde entre murallas no que atinxe ás Prazas de Sto Domingo e PXOM das intervencións de peonalización do casco histórico.

 

  • A presentación desta proposición xunto coa presión de diferentes entidades veciñais provocou unha reacción tardía do equipo de goberno que “parece que agora se abre a modificar o proxecto” o que deixa en evidencia a falta de diálogo que houbo xa que “primeiro fan e logo escoitan”.

 

 CONVENIO FEGAMP USO INSTALACIÓNS DEPORTIVAS CENTROS EDUCATIVOS

  • Outra das iniciativas que presenta o Grupo Popular está encamiñada a fomentar hábitos de vida saudable, promocionar o deporte e mellorar a calidade de vida dos lucenses é a relativa a “abrir as instalacións deportivas dos colexios fóra do horario escolar ás tardes e fins de semana”

 

  • A proposta que se pon riba da mesa é que o Concello de Lugo se sume ao convenio marco da FEGAMP sobre uso de instalacións deportivas nos centros educativos co obxecto de ampliar a oferta de espazos e así aliviar a presión de solicitudes nas instalacións que hai na actualidade e que resultan insuficientes para a demanda que existe”

 

PACTO LIÑAS ESTRATÉXICAS SERVIZOS SOCIAIS

  • O PP propón un pacto que defina as liñas estratéxicas para mellorar os servizos sociais do Concello e a constitución dunha comisión para elaboración un pacto institucional relativo á planificación e atención aos servizos sociais; Os populares tamén defenden, que de forma paralela, se reactive o Consello Local de Servizos sociais para dar participación ao tecido social que mudou moito nos últimos tempos co ánimo de camiñar da man da nova realidade que hai no municipio.

 

DATA FIXA PARA O ARDE LUCUS

  • O PP propón innovar nos contidos e planificar e divulgar, con antelación, o programa do Arde Lucus polo que mañá defenderá unha iniciativa con varias suxestións para dar un pulo a esta celebración. Entre outros puntos solicitan que se celebre nunha data fixa.

 

CATRO PREGUNTAS A PLENO

  • Cal foi a causa da caducidade da modificación puntual do PXOM no ámbito URPI-58 para converter esta área nunha zona verde co fin de dar continuidade ao cinturón verde que constituye o parque Rosalía de Castro e o Miño, axudando a integrar o río na cidade. Este contrato iniciouse o 7 de decembro de 2020 e tiña un prazo de execución de 25 meses. A día de hoxe está caducado sen que se teñan aclarado as causas de dita caducidade.

 

  • Solicitamos información sobre a proposta realizada por ABANCA con respecto ao cambio de parcela para vivendas sociais que estaban previstas en O Castiñeiro. Cal vai ser a postura do concello ao respecto.

 

  • Queremos saber cando se van a executar as obras nos sillares da Ponte Romana afectada polas enchentas do río que arrastran restos vexetais.

 

  • Preguntamos en que situación está o Plan Municipal de Emerxencias. Este documento foi aprobado por Xunta de Goberno no ano 2007. A día de hoxe temos un plan obsoleto e sen adaptar á situación real da cidade.

 

TRES ROGOS A PLENO

 

  • Cando chega o verán os parques infantís ven incrementado o número de usuarios polo que deberían estar nun correcto estado de mantenemento e conservación. Trasladamos a pleno un rogo para que se proceda a elaborar e dar cumprimento a un plan de reparación dos parques infantís da cidade

 

  • Presentamos un rogo para que se proceda á actualización periódica de toda a información institucional e uso non partidista nas plataformas dixitais municipais

 

  • En xuño de 2022 a Comunidade de Montes en Man Común de Coeses presentou unha solicitude para a reparcelación de dúas fincas de xeito que podan cumprir cos requisitos necesarios para facer un novo cemiterio. Elévase a pleno un rogo para que se de resposta a esta solicitude veciñal

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies