Boletín

O PP presenta o boletín dixital ‘Contigo Lugo’ para reforzar a súa conexión coa veciñanza

By 3 Outubro, 2023Sin comentarios
  • A publicación, que terá carácter periódico, inclúe tres seccións fixas: o balance das principais proposicións plenarias do último trimestre, a recompilación dalgunhas das solucións formuladas aos problemas do municipio e tamén imaxes dalgunhas visitas a barrios e parroquias dos edís populares. Todo isto péchase neste primeiro número cunha tribuna de Candia na que analiza os primeiros 100 días do goberno local
  • Elena Candia explica que “esta nova vía de comunicación, que avala o noso compromiso coa transparencia e a rendición de contas, amosa que a nosa continua presenza na rúa e a escoita activa ás persoas luguesas son os piares da nosa acción política”
  • O boletín enviarase empregando a plataforma de mensaxería instantánea WhatsApp para favorecer que, quen o desexe, o poida compartir cos seus contactos. A publicación farase chegar en primeiro lugar a simpatizantes, persoas afiliadas e, en xeral, ás que están subscritas á lista de difusión do Grupo Municipal do Partido Popular e, nunha segunda fase, poderá tamén consultarse na web.
  • Os populares ven esta plataforma como un apoio “complementario” ao labor informativo que desenvolven os medios de comunicación así como ás publicacións na web e nas redes sociais do Grupo Municipal do Partido Popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies