#Facendocidade#LugoaExameInfraestruturasObrasProposiciónTráficoTransporte urbanoUrbanismo

O PP presenta propostas para mellorar a mobilidade no casco histórico de Lugo e divide as alternativas en seis paquetes en función do perfil dos usuarios.

By 16 Outubro, 2024Sin comentarios

Os populares explicaron que o obxectivo final desta proposta é contribuir “con propostas constructivas” que faciliten a residencia, o traballo e a visita ao centro de Lugo.

Ramón Cabarcos detallou cada unha das medidas propostas para as diferentes situacións relacionadas coa mobilidade na futura Zona de Baixas Emisións dentro das murallas. Trátase dun documento aberto a achegas de colectivos e cidadáns afectados. As medidas propostas son as seguintes:

Para RESIDENTES e TRABALLADORES sen garaxe:

  • Propoñemos un estacionamento periódico e PERMANENTE (250/365 días) con bonificacións nos custos das prazas de alugueiro nos aparcadoiros de pago soterrados da Praza do Ferrol, Santo Domingo e da Constitución.

Para PROVEDORES DE SERVIZOS:

  • Propoñemos un estacionamento recorrente/ocasional de curta duración (1/5 horas) en ubicacións superficiais, reservadas de xeito exclusivo para puntos de carga e descarga en rúas de baixo tránsito (como Hospital, do Son, Tuñas Bouzón, Ramón y Cajal, Balteira, Noreas, Estantigas, dos Romanos, da Deputación), ademais da posible dispoñibilidade de prazas nos aparcadoiros de pago soterrados da Praza do Ferrol, Santo Domingo e da Constitución, segundo demanda e necesidades.

Para DEMANDANTES DE PRODUTOS ou SERVIZOS:

  • Propoñemos un estacionamento ocasional de curta duración (1/5 horas) con provisión de prazas de balde en aparcadoiros non soterrados do perímetro amurallado (como O Carme, Fogar de Sta. María, Anxo López, Rda. Muralla, antigo pavillón), con reservas en tempo real e a posibilidade de realizar reservas a través dunha aplicación.

USUARIOS DOS APARCADOIROS DA PERIFERIA URBANA:

  • Propoñemos un estacionamento esporádico, xa sexa en vehículo particular ou colectivo (sen duración establecida), e o deseño de liñas de transporte público con paradas nos aparcadoiros da periferia (disuasorios) que ofrezan desprazamentos ata o centro do casco histórico sen reserva.

PEÓNS vehiculados (persoas mozas ou de idade avanzada, con dificultade de mobilidade, ou que transportan pesos):

  • Propoñemos un achegamento próximo e sinxelo mediante un servizo de transporte colectivo (autobús) con parada na praza de Santo Domingo sen necesidade de reserva.

Para os usuarios de VEHÍCULO LIXEIRO (motocicletas, bicicletas, patíns):

  • Propoñemos a dotación de espazos superficiais cubertos xunto ás portas da Muralla, buscando un estacionamento áxil e accesible sen duración establecida.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies