Os populares presentaron estas propostas co ánimo de solucionar os problemas que hai en Lugo en materia de tráfico, aparcamento e novas tecnoloxías ligadas á mobilidade “poñémonos a disposición de PSOE e BNG para aclarar calquera das iniciativas que presentamos”
O Grupo Popular presentou un decálogo de propostas para solucionar os principais problemas de mobilidade que hai na cidade.
Baixo o epígrafe aparcar en Lugo, misión imposible recompílanse catro suxestións:
1.- Despois da supresión da ORA, hai 7 anos, o PP propón un sistema de rotación gratuíto de vehículos controlado por un coche con lector de vehículos que chequearía que se cumpra o tempo de estacionamento
2. – Habilitar máis parkings disuasorios no centro e barrios tanto en terreos municipais como a través de convenios con propietarios de solares sen uso.Trataríase dunha cesión temporal e o concello asumiría a limpeza e o mantemento
3.- Construción dun aparcamento en altura en Fontiñas:
Construír un gran aparcamento en Fontiñas, cuxa cuberta sería un miradoiro con zona verde e parque infantil e biosaudable (aparcamento en altura no talud do parque de Os Paxariños, en torno ao número 129 ou ben noutra zona en desnivel situada á altura do número 99-105 da avenida)
4.- É preciso ampliar e mellorar as zonas de carga e descarga. Hai que poñer en marcha solucións eficientes para a distribución no casco histórico e outras zonas peonís do municipio como podería ser o uso de carretillas ou vehículos eléctricos.
Baixo o epígrafe desafíos para unha mobilidade sostible
5.- Dixitalización do transporte coa creación dunha APP e redeseño de rutas de autobuses para mellorar os traxectos que non funcionan trala remodelación do transporte público.
7.- Activación inmediata das 200 prazas con sensores que se colocaron en xullo de 2020 con cargo aos fondos europeos do Smart City que custaron 267.000€. (situados zona Parque Rosalía e aparcamento seminario)
8.- Posta en marcha dun sistema de transporte rural a demanda
9.- Carril Bici Si pero así Non; O PP está a favor de que se potencie o uso das bicicletas pero considera un erro o deseño do actual carril bici de Lugo. Un sen sentido que se fixo sen consultar á veciñanza e que suprimiu centos de prazas de aparcamento. Apostamos por un eixo vertebrador de cidade que non suprima estacionamentos e de seguridade aos peóns.
10.- Creación de puntos de recarga para vehículos eléctricos (coches, bicis e patinetes eléctricos) en toda a cidade e nos polígonos industriais.