- As persoas interesadas en colaborar con este proxecto poden facelo a través da páxina web do Grupo Municipal ppdelugo.com onde na pestaña de PROPOSTAS aparece a GUÍA
https://www.ppdelugo.com/wp-content/uploads/2024/09/GUIA-LVGO-DEF.pdf
XOVES 10 DE SETEMBRO DE 2024
- Elena Candia explicou que no Partido Popular “queremos falar do que nos enorgullece, do noso patrimonio e deste xeito presentaba un documento divulgativo de información turística do municipio invitando aos lucenses a enriquecelo coas súas achegas
- A voceira popular explicou que esta guía “é froito do esforzo dun grupo de persoas lideradas polo noso compañeiro Agustín Gallego, responsable da área de Turismo e Promoción do Municipio do Grupo Municipal”
- A popular afondou na idea de desestacionalizar o turismo para captar visitantes durante todo o ano e para iso manifestou que é preciso impulsar unha marca turística propia para divulgar cuestións tan extraordianarias do municipio como o privilexio case único que temos no mundo da concesión da indulxencia Plenaria ás persoas que visitan a Catedral; os tres Patrimonios da Humanidade así como recursos naturais, gastronómicos e deportivos.
- Pola súa banda, Agustín Gallego explicou o contido desta guía “feita con medios propios co ánimo de compartilo coa cidadanía de Lugo” destacando que “se trata dun proxecto humilde no que buscamos involucrar aos lucenses manifestando que “é o comenzo dun proxecto máis ambicioso, partimos dun folio en blanco cun punto no medio” en alusión ao pouco traballo que hai desenvolto polo goberno local na área de turismo.
- A guía dixital, con textos explicativos en tres idiomas, ofrece información de monumentos, rutas, museos … que invitan vir a Lugo como destino turístico para a desconexión.
- O popular entende este traballo como “unha colaboración necesaria” logo anos sen unha política turística clara que posicione e promocione, como é debido, as particularidades de Lugo” explicando como o propio buscador Google discrimina a información municipal e cando se busca polo termo «Turismo Lugo» a páxina web do concello non aparece na primeira posición