- Enrique Rozas explica que urxe dárlle unha solución, no plano humano, a esta situación xa que “estamos falando dunha persoa que está de garda 24 horas dos sete días da semana, nin él ten vida nin a súa familia, afectando a súa saúde” polo que concluía que “lugo necesita bos xestores e mellores persoas”
VENRES 9 DE FEBREIRO DE 2024
- Dende o PP apuntan á alcaldesa, responsable durante os últimos 4 anos de persoal, de contribuír a que se chegue a esta situación de desesperación e preguntan ao seu socio, o BNG, onde está a bandeira do progresismo e da defensa dos traballadores da que tanto presumen e defenden tralas pancartas
- Os populares consideran unha vergoña que socialistas e nacionalistas estéan de brazos cruzados diante dun caso onde unha persoa está sufrindo unha situación de desasosego, apelando “á humanidade e á empatía”
- Unha administración pública ten que dar exemplo aclarando que “estamos sorprendidos porque un goberno progresista, que presume tralas pancartas e que dá leccións de defender aos traballadores, deixe na estacada a este funcionario”
UNHA SITUACIÓN QUE SE VÍA VIR
- Dende o PP “vimos reclamando dende hai tempo solucións inmediatas para a brigada de augas que desmantelou o PSOE coa complicidade do BNG”
- En agosto o grupo popular advertiu que ía a caducar en novembro o contrato da empresa que se encarga de reparar as fugas polas noites, fins de semanas e festivos.
- Este contrato para reparar incidencias nas canalizacións de distribución de auga potable asinouse en outubro de 2020 e segundo o goberno local “tratábase dunha medida provisional”
- Chega o mes de novembro e vemos como o PSOE e o BNG continúan con este modelo “que se xustificou para un breve espazo de tempo” sen atender a nosa petición de que se reforce a plantilla da brigada municipal de augas que o goberno progresista de Lugo desmantelou nos últimos mandatos. De momento “temos a calada por resposta”