Sen categoría

O PP presenta un proxecto de humanización para Nadela e esíxelle ao goberno local que xestione o traspaso da antiga N-VI

By 17 Febreiro, 2025Sin comentarios

O Partido Popular de Lugo presentou un proxecto para a humanización da travesía da antiga N-6 ao seu paso por Nadela. Trátase dunha actuación demandada dende hai anos polos veciños, que levan tempo reclamando unha transformación urbana que mellore a seguridade, a accesibilidade e a calidade de vida nesta zona.

 

Os populares instan ao goberno local a dar conta das xestións realizadas co Ministerio de Transportes para o traspaso desta vía lembrando como o goberno local, ainda que recoñeceu a preguntas nosas en comisións que se estaban mantendo negociacións co Ministerio, pasan os anos sen que haxa avances reais. (En comisión celebrada o  20 de xaneiro de 2023 dixo Miguel Fernández declarou que “estase negociando, lévao a alcaldesa directamente, fixo varios contactos no Ministerio, e está seguindo o tema. Tan pronto haxa resultados, ou o que sexa, farásevos chegar…).

 

En setembro de 2023 levamos o tema ao Pleno, esixindo que se impulsasen as xestións co Goberno Central (No rogo do 28.09.2025 dixéronnos: Puxémonos no seu día en contacto co Ministerio, a propia alcaldesa personalmente, e seguimos traballando e máis cedo que tarde, sobre todo se deixan de enredar, pois antes cedo que tarde, digo, trataremos de darlle solución.

 

No ano 2024 conseguimos unanimidade para facer un plan de mellora dos accesos a Lugo que incluía Nadela. Pero a realidade é que seguimos sen novidades e este núcleo continúa partido en dous por unha estrada nacional que xa non ten o tráfico doutros tempos”

 

 

A proposta popular que hoxe presentou o PP inclúe medidas concretas para a mellora desta travesía: a humanización da vía con beirarrúas axeitadas, iluminación eficiente, zonas verdes e mobiliario urbano . “O noso proxecto está pensado para mellorar o día a día dos veciños e converter Nadela nun espazo urbano atractivo”.

 

O proxecto do Grupo Municipal contempla a supresión dun dos tres carrís e habilitar para habiitar unha zona de aparcadoiro.

 

Outra  cuestión que urxe resolver é a fuga dunha tubaxe de saneamento que verte augas residuais xa que “ao non estar sometidas a ningún tratamento contaminan a contorna ademáis de provocar cheiros e nubes de insectos na zona”

 

O goberno local ten que poñer fin a esta situación afeando que presuman de ecoloxistas pero á hora da verdade son incapaces de facer unha canalización nun tramo de 100 metros.

 

A revitalización de Nadela tamén pasa pola posta en valor da súa carballeira, un espazo emblemático que acolle a única feira tradicional do Concello de Lugo. “É un punto de encontro para a veciñanza e unha parte fundamental da identidade da zona. Queremos que este espazo recupere o seu esplendor e se convirta nunha referencia tanto para os residentes como para o resto dos lucenses”, explicaron desde o PP.

 

En materia de mobilidade  e seguridade viaria; a mellora da iluminación na rotonda, onde conflúen a A-6, a A-54 e a estrada LU-546  e o corredor Sarria/Monforte e a instalación de redutores de velocidade e pasos de peóns e supresión de sinaléctica en desuso

 

Por último tamén a veciñanza recamou que se amplíe o percorrido do bus urbano, para que en lugar de quedar na parte baixa chegue ata a rotonda e solicitaron a recuperación da toponimia dos lugares da contorna,  reforzando a identidade do lugar.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies