Economía

O PP presenta unha batería de 60 propostas para incorporar os orzamentos de 2016

By 2 Febreiro, 2016Febreiro 4th, 2016Sin comentarios

O voceiro popular Jaime Castiñeira explica que o documento que hoxe se rexistrou abarca 5 áreas: emprego, xestión e tranparencia, servizos sociais e educación, rehabilitación e rexeneración urbana e zona rural

O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira presentou hoxe unha batería de 60 propostas para incorporar ao documento de orzamentos municipais para 2016 “son suxestións  responsables e cumpribles sobre todo tendo en conta que ainda non contamos co Plan de Investimentos”. Castiñeira ironizaba coa dinámica que sigue o goberno local co debate orzamentario indicando que “non sabemos si terá máis éxito presentar este documento no rexistro da Deputación en vez do Concello” en alusión a que veñen teledirixidos dende o ente provincial.

As propostas nas que traballa o Partido Popular divídense en 5 eixos: emprego, xestión, servizos sociais e educación, rehabilitación e rexeneración urbana e zona rural.

Castiñeira indicou que as propostas relativas ao emprego que consiste en “reservar unha  partida de 6 millóns de euros anuais para a creación de novas empresas, de novos empregos e o fomento da rehabilitación”. “Tratase de abrir tres liñas de apoio: A primeira dotada con 2 millóns de euros anuais para a posta en marcha de empresas innovadoras ou que non compitan con outros proxectos existentes no seu entorno. A segunda liña de axudas de 2 millóns de euros anuais para a contratación de traballadores censados no Concello de Lugo e para o fomento da estabilidade laboral e a terceira liña de 2 millóns de euros anuais para a rehabilitación de vivendas da cidade e das parroquias, con especial atención ao entorno do Camiño Primitivo e a Muralla.

As propostas dentro da liña da xestión e transparencia abarcan entre outros aspectos a redución de gastos de libre disposición das concellalías así como a elaboración dun plan a curto e medio prazo do control do gasto corrente.

Tamén, de cara á mellorar os servizos básicos do concello, os populares propoñen a convocatoria dun concurso público do ciclo da auga e a municipalización do guindastre municipal. Os populares insisten na necesidade de deseñar un estudo das posibilidades de utilización das instalacións tanto da EDAR, ETAP como do matadoiro.

Outros proxectos serían a redacción dunha nova ORCA e a elaboración dun mapa de ruidos así como dunha nova Ordenanza adaptada a este documento; rebaixar os gastos xurídicos para dedicalos a políticas de emprego e bolsas de estudos; pago do 100% das expropiacións do barrio de O Carme. Jaime Castiñeira tamén reclama que se reserve una partida para implantación de todos os trámites pendentes na administración electrónica.

No eixo de rehabilitación e rexeneración os populares inclúen 25 suxestións. Entre as relacionadas co urbanismo destacar a contratación dos estudos hidrolóxicos necesarios para aprobación do 5% e partidas para a revisión do Plan Xeral así como a actualización do Pepri .

No tocante a mellora de equipamentos os populares apostan pola construcción dun ascensor en Fontiñas; terminar a biblioteca da Piringalla ampliando os seus usos; a peonalización da calzada da Ponte; avanzar no paseo interior da muralla o desenvolvento de planes parciais para novas dotacións como o Colexio do Sagrado Corazón, o Plan parcial do solo industrial da Louzaneta, a instalación da praia fluvial así como adquisición dos terreos necesarios para completar o parque periurbano Miño-Rato; … Os populares tamén presentan outra liña de traballo para mellorar, conservar e reparar a rede viaria de Lugo establecendo un plan de actuación priorizando as que estén máis deterioradas. O Grupo Popular tamén propón elaborar un plan de renovación da rede de abastecemento de auga.

Outras actuacións que propoñen dende o Grupo Popular van encamiñadas a aproveitar os equipamentos públicos durante todo o ano como a cobertura do parque infantil de Augas Férreas, a piscina exterior de Frigsa e a instalación e cobertura dun novo parque infantil na Praza do Agro do Rolo.

En canto as suxestións para servizos sociais os populares poñen riba da mesa aumentar o seu orzamento en algo máis dun millón de euros para entre outros programas: o de axudas ao alugueiro; aumentar  prazas para asistencia en persoas de dependencia; nos centros de día e nos programas de axuda no fogar e xantar no fogar. Outras accións para as que se solicita incrementar o orzamento son as axudas de emerxencia social para cubrir as necesidades básicas dos lucenses que o precisen. Neste apartado os populares teñen presentes os cheques escolares, a erradicación do chabolismo … etc

Para o rural os populares presentan 5 propostas: Afirmado, reparación, mantemento e conservación de pistas no rural; Plan de limpeza de cunetas; Mellora da sinalización e Saneamento e distribución de augas e Programa de mellora e dinamización escolas rurais.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies