Infraestruturas

O PP presentará un rogo para que se corrixan as deficiencias da Praza do Cantiño, inaugurada hai 11 anos

By 1 Maio, 2023No Comments

Os populares denuncian que a falta de mantemento deste espazo situado ao pé da muralla, e que ten un acceso ao monumento romano, deixa moito que desexar

Os concelleiros do PP fanse eco das queixas dos lucenses sobre a falta de mantemento da Praza do Cantiño, un espazo ao pé da Muralla, inaugurado hai 11 anos, e que ten un acceso ao monumento romano que deixa moito que desexar.

Ante esta situación, o Grupo Municipal Popular presentará un rodo para que se corrixan as deficiencias detectadas, entre as que están:

– Non se substitúen as luminarias fundidas desde hai moito tempo (como as que hai no chan ou as tiras led nos bancos)

– Falta de coidado das árbores. Hai dous arces xaponeses, un dos cales secou hai 2 anos, os veciños pediron que se plantase outro, pero nunca se substituíron

– Non se limpan as pintadas, problemas de sucidade…

Os populares entenden que urxe arrombar este espazo e non entenden como PSOE e BNG presumen de peonalizar rúas gañando espazos para os lucenses cando logo son incapaces de manter o que hai feito. “A Praza do Cantiño é o mellor exemplo de como funciona este goberno que só traballa para a galería uns meses antes das eleccións”, denuncian.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies